mércores, 13 de decembro de 2017

luns, 6 de novembro de 2017

CANTO DEBERÍA CHOVER EN NOVEMBRO E DECEMBRO PARA ACADAR A PRECIPITACIÓN ANUAL "NORMAL"?

Cal é a media de precipitación anual en San Sadurniño? Cánto debería chover de aquí a fin de ano para achegarnos á media?


A media dos anos 2013 - 2016 é de 1206 l/m^2. Este ano 2017 levábamos acumulados 631 l/m^2 ata o mes de outubro.

¡DEBE CHOVER 575 l/m^2 NOS PRÓXIMOS DOUS MESES!

¡Uns 10 l/m^2 AO DÍA!

Artículo elaborado para o proxecto científico do concurso First Lego League por Carmen Míguez, Aroa Naveiras e Paula Rebollar.

mércores, 1 de novembro de 2017

BAIXADA NOTABLE DO NIVEL DO EMBALSE DAS FORCADAS!!

Nas fotos seguintes vemos a baixada do nivel do embalse das Forcadas causado pola sequía deste ano:


luns, 30 de outubro de 2017

BALTASAR MERINO E A METEOROLOXÍA


A Real Academia Galega de Ciencias homenaxeou este ano a Baltasar Merino no Día da Ciencia en Galicia. Aínda que o Padre Merino é moi coñecido polos seus traballos botánicos, quizais o sexa menos coma meteorólogo. Porén, Merino foi un meteorólogo innovador tal e coma podemos ler na web da RACG:

O seu interese pola meteoroloxía non só o levou a relacionala de xeito pioneiro coa botánica, senón que achegou visións innovadoras para a época merecedoras do recoñecemento dos expertos. A el débenselle os primeiros traballos de climatoloxía aplicada que se realizaron en Galicia, tomando como referencia datos obtidos na Guarda entre 1881 e 1890, con avanzadas gráficas de evolución de temperatura, humidade e precipitación.
Ademais de ser un dos promotores da creación da rede de estacións pluviométricas de España, a súa recomendación de usar o barómetro para predicir as borrascas atlánticas valeulle as loubanzas do director do Observatorio Meterolóxico de Lisboa. Esta recomendación foi publicada pola prensa española e portuguesa a raíz da traxedia que provocou un temporal costeiro en Póvoa de Varzim en 1892, co falecemento de máis de cen persoas, e que Merino propoñía evitar de cara ao futuro xeralizando o uso do barómetro, principalmente entre os pescadores. “En vista, pois, das indiscutibles vantaxes que pode proporcionar e do seu insignificante coste, de agardar é que os que se confían casi diariamente á mercede das ondas e dos ventos se fagan con tan precioso aparato", escribiu.

 "O maior coñecedor da flora galega e innovador meteorólogo Baltasar Merino, protagonista do Día da Ciencia en Galicia"


domingo, 15 de outubro de 2017

ANOMALÍAS METEOROLÓXICAS


Empezamos o curso 2017-18 como rematamos o 2016-17: sen apenas chuvias.
A situación está a prolongarse máis do debido e a reservas de auga están entrando en medidas moi perigosas.
O que estamos a vivir nestes primeiros días de Outubro vai camiño de record porque as temperaturas acadadas son impropias da época do ano na que estamos.
Hoxe domingo 15 de Outubro, por mor dos ventos de compoñente sur que nos chegan polo impulso dos restos do huracán "Ophelia" situado sobre as Azores, estamos superando os 30ºC en toda a comunidade, respirando un aire propio do Sáhara.
A calima que se está a formar nas zonas de costa déixanos estampas como a que vedes na fotografía, na que se pode apreciar a simple vista, sen nengún tipo de filtro, o disco solar. Un xa non sabe se nos ilumina o sol ou a lúa...aínda que pola calorciña que sentimos, máis ben parace o primeiro ;-)
De todos os xeitos de hoxe para mañá imos vivir unha situación anómala debido ao paso do huracán cunha zona de aire frío que vai provocar una caída de presión tremenda en menos de 24 h, o que coñecemos xa familiarmente como cicloxénese explosiva. Afortunadamente os modelos numéricos sitúana lonxe da península e só imos sufrir algúns efectos colateriais, como unha caída de 10ºC nas temperaturas máximas, ventos relativamente fortes que poden chegar a refachos de 50km, diminuíndo segundo vaia pasando o luns...
O dito, seguimos a vivir fenómenos curiosos. A ver de entramos nas rutinas anuais, e chegan as chuvias de outono, tan esperadas por todos.

venres, 30 de xuño de 2017

METEOSANSACANCIONEIRO

O alumnado de 3º de ESO elaborou este curso cantigas de amigo sobre meteoroloxía. Premede aquí se queredes coñecer o noso Meteosansacancioneiro


mércores, 28 de xuño de 2017

VIDEOCIENCIANDO: A ESTACIÓN AUTOMÁTICA DO CENTRO FUNCIONA CUNHA RASPBERRY PI

O alumno de 1ºESO Joam Cortizas explica no seguinte vídeo a obtención de datos meteorolóxicos nas nosas estacións meteorolóxicas manual e automática:

domingo, 25 de xuño de 2017

VIDEOCIENCIANDO: PARTICIPACIÓN DE METEOSANSA NO CONCURSO

A partir de noticias meteorolóxicas de actualidade os alumnos de 2ºESO realizaron as seguintes actividades por grupos:

- Lectura comprensiva da noticia meteorolóxica nos seus ordenadores.

- Busca de datos correspondentes á noticia na nosa estación meteorolóxica (www.cpisansadurnino.org/meteo/) ou en páxinas oficiais, Meteogalicia e Aemet, preferentemente.

- Elaboración de táboas e gráficas que axuden a análise dos datos e obtención de conclusións.

- Presentación do traballo realizado diante dos compañeiros.

- Os grupos voluntarios elaboraron un vídeo que presentaron ao concurso Videocienciando a partir da presentación realizada:



martes, 6 de xuño de 2017

GRÁFICAS DE TEMPERATURA, PRECIPITACIÓN, HUMIDADE E PRESIÓN DO 2016 E 2017 ELABORADAS POR ALUMNOS DE 3ºESO

Os alumnos de 3ºESO de matemáticas académicas elaboraron as gráficas de temperatura, humidade, precipitación e presión do 2016 e ata abril de 2017 a partir dos datos obtidos pola estación automática do centro:


martes, 2 de maio de 2017

venres, 28 de abril de 2017

CHOIVA DE ABRIL

Chuvia sobre a ponte de Hiroshige
O refraneiro popular adoita vincular abril coa chuvia coma podemos comprobar nos seguintes refráns:
  • Abril, augas mil, escoadas por un mandil..
  • Abril, augas mil, peneiradas nun candil.
  • Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin
  • Abril chove prás xentes, e maio prás bestas.
  • Abril chovedoiro enche o cabaceiro.
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
 Tamén houbo poetas que se fixeron eco das chuvias deste mes, coma Xosé Otero Espasandín:


Choiva de abril

CHOIVA DE ABRIL,
maina, quente:
as túas bágoas tremen
na folla da silva,
na fror da xesta,
na herba; e can
brandidas de polen
e craridades, na terra
quediña, morna,
na terra sedenta.
Choiva de abril,
móllame a cara,
móllame as mans,
móllame a ialma
mentres corro polo monte,
polos soutos,
polos cómaros,
polas praias,
case en coiros...

xoves, 20 de abril de 2017

FORTE REFACHOS DE VENTO O 19 E 20 DE ABRIL

Estas últimas 24 horas rexistramos na nosa estación fortes refachos de vento de dirección este. O máximo refacho acadou os 93km/h á 1:05 da noite do xoves ao venres.

Podedes observar a intensidade do vento na gráfica das últimas 24 horas:

Na páxina web da nosa estación podedes consultar os datos actualizados cada 5 minutos:  www.cpisansadurnino.org/meteo


Moitos incidentes de caída de árbores producíronse estes días, así como un incendio na parroquia de Santa Mariña do Monte.


mércores, 29 de marzo de 2017

VISITA DOS ALUMNOS DE 3º E 4ºESO A METEOGALICIA

Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron o martes 28 de marzo as instalacións de Meteogalicia. Alí presenciamos o lanzamento dun globo sonda co posterior seguemento das variables monitorizadas. Presenciamos en directo a predicción meteorolóxica a Radio Lalín e recibimos unha charla sobre meteoroloxía e aparellos de medida.



luns, 13 de marzo de 2017

2ºde PRIMARIA TRABALLANDO EN METEOSANSA

Os alumnos de 2º de primaria traballan traballan o vocabulario específico dos fenómenos metereolóxicos, ademáis de estudar as diferentes ferramentas con que se miden:

 

Todos os días, os nenos/as miraron a temperatura do exterior, para iso deixaron un termómetro fóra de aula, na ventá. Tomaban a temperatura á mesma hora, 12:10. Despois, coa profesora, comentaban que tempo ía, se facía calor, frío e a oscilación térmica que había entre os días. As temperaturas quedaban rexistradas nunha fichas.
Tamén, axudándose de cores, pintaban nunhas fichas preparadas especificamente, se o día era solleiro, chuvioso, nuboso, solleiro e nuboso, ventoso, treboento…

METEOSANSA 2016-17 EN INFANTIL

Os alumnos de infantil son uns prometedores meteorólogos:


sábado, 11 de marzo de 2017

4ºde PRIMARIA TRABALLANDO EN METEOSANSA

Os alumnos de 4º de primaria traballan en Meteosansa:

3ºde PRIMARIA TRABALLANDO EN METEOSANSA

Os alumnos de 3º de primariatraballaron na construción dun pluviómetro. Fixeron primeiro unha investigación antes de pasar á súa construción.



CLIMOGRAMAS DE SAN SADURNIÑO DO 2013 AO 2016 ELABORADOS POLOS ALUMNOS DE 1ºESO

Na asignatura de Ciencias Naturais coa profesora Raquel Romero se elaboraron os climogramas de San Sadurniño do 2013 ao 2016 cos datos obtidos pola estación automática do centro.

- Gráficas  climogramas do 2013 ao 2016: Expostas no panel de Meteosansa.
Este traballo é unha colaboración entre os departamentos de Matemáticas e Ciencias Naturais traballando a temperatura e o clima simultáneamente nas dúas asignaturas. 


TRABALLO REALIZADO POR ALUMNOS DE 1ºESO SOBRE O TEMPO DO 2016

Traballo sobre a temperatura no 2016 realizado por alumnos de 1ºESO A e B nas asignaturas de Matemáticas e Ciencias Naturais:

- Gráficas  mensuais de temperatura e precipitación no 2016: Expostas no panel de Meteosansa.

- Actividades propostas aos alumnos para o estudio das temperaturas do 2016 coas solucións obtidas por unha alumna: Ficha de actividades.

- Folla de cálculo cos datos das temperaturas do 2016 da nosa estación automática: Folla de cálculo de temperaturas do 2016.

xoves, 23 de febreiro de 2017

CEO EMPEDRADO DO DOMINGO 19 DE FEBREIRO

Fotos do ceo do domingo 19 sobre as 19:00, obtidas por Lois Rodríguez, director do centro.


luns, 16 de xaneiro de 2017

domingo, 15 de xaneiro de 2017

FOI O VERÁN DO 2016, UN VERÁN "NORMAL"?

NEREA GUNDÍN E CRISTINA GUDÍN ANALIZAN A TEMPERATURA E A PRECIPITACIÓN DO VERÁN DO 2016


luns, 9 de xaneiro de 2017

FÉLIZ ANO CUNHA NOVA SOBRE O SOL

Lemos en GCiencia que o Sol brillou en Santiago de Compostela 2291 horas no 2016 e isto implica que marca o récord en 25 anos. Preme aquí se queres coñecer máis sobre este curioso dato e outros de interese.


Créditos da fotografía: Catedral de Santiago de Compostela Luis Miguel Bugallo Sánchez - Own work, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=10955620