martes, 26 de maio de 2015

MONITOREO DO VERME DA MAZÁ: ALERTA FITOSANITARIA

Na semana pasada alcanzamos a primeira alarma para o verme da mazá.
Lembrade que a alarma fitosanitaria é o punto no cal calculamos que nacen os vermes despois de contar 90 grados-día dende as capturas dos machos e temperatura crepuscular maior de 15,5º.
Agora estamos a controlar o segundo pico de nacemento de vermes, xa que os apareamentos das mariposas se produce en distintos momentos ó longo deste mes. O sábado 30 de maio alcanzamos os 90 gd, é , polo tanto o momento de aplicar o tratamento contra o verme da mazá, como podedes ver na entrada de máis abaixo na que se mostra a gráfica.
Para máis información mirade a outra entrada anterior relacionada con este tema. Nela aparecen enlaces a sitios web nas que se nos fala dos tratamentos a aplicar.

sábado, 23 de maio de 2015

CEO DESPEXADO E SEN VENTO NA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA DO VENRES 22

A noite do 22 de maio organizamos unha observación astronómica á que estaban invitados todos os alumnos do centro. Tivemos a gran sorte de disfrutar dun ceo despexado, unha temperatura bastante boa e sen vento. Unha lúa chegando a cuarto crecente e tres planetas moi brillantes no ceo completaron unha noite moi agradable.


mércores, 20 de maio de 2015

CONCURSO FOTOGRÁFICO DE METEOROLOXÍA E CLIMA

O IES Fernando Wirtz Suárez convoca un concurso fotográfico dentro do seu proxecto de Meteoescolas. Consultade as bases e animádevos a participar!

 Bases del concurso
 



martes, 19 de maio de 2015

MARZO MARCEADOR

En marzo o noso alumnado de 3º de ESO enviounos fotografías acompañadas de refráns, poemas ou algún texto que espertase o seu interese. Ao resultado final chamámoslle "Marzo marceador".

ALUMNAS DE 4ºESO CELEBRAN O DIA DAS LETRAS GALEGAS

Alumnas de 4ºESO toman a iniciativa de celebrar o dia das Letras Galegas facendo unha pegada de cartéis polo centro.

En moitos dos carteles podemos ler nomes galegos para as precipitacións ou as treboadas.

luns, 18 de maio de 2015

AÍ VÉN O MAIO

Así é, aí vén o maio. Se ben, os populares versos de Curros Enríquez facían referencia á popular festa que, sempre viva en Ourense, agora comeza de novo a se celebrar noutros lugares, nós queremos titular así esta entrada sobre este mes.
Maio é un mes sobre o que abundan os refráns:
  • A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.
  • A ovella do pobre no maio morre.
  • Abril e maio son as chaves do ano.
  • Abril esfola, pero maio amola.
  •  ¡Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo.
E ese que tantas veces teremos escoitado: " Ata o corenta de maio non quites o saio; e se volve a chover, vólveo a poñer."
Tamén é un mes propicio para as frases feitas: "Ser longo coma o mes de maio", "Vir coma auga de maio" ou "Andar co maio ao lombo". Esta última frase significa andar "moi canso", así que nós recomendámosvos que non vos amaiedes en maio! 

Créditos da foto: 
Lameiro. Maios Allariz. Recuperado de http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Maios_Allariz_01.JPG
E por certo, lembrámosvos que na nosa aula virtual tedes máis información sobre maio e os Maios.

martes, 12 de maio de 2015

MONITOREO DO VERME DA MAZÁ ( Cydia pomonella)

O verme da mazá é a praga que máis perdas ocasiona nestes frutais.

ciclo biolóxico de Cydia pomonella

Realmente o verme da mazá é o estado larvario dun noctuido (para entendernos, unha volvoreta nocturna ou “polilla”), na fase adulta a volvoreta pasa desapercibida e non causa dano algún, pero é na fase de larva cando penetra no interior dos froitos da mazá para alimentarse deles e despois sae de novo, facendo dous furadiños que permiten a entrada de fungos (as mazás podrecen) e a caída prematura dos mesmos alá polos meses de xullo e agosto.
A día de hoxe hai moitos tratamentos fitosanitarios (o que se coñece na nosa terra vulgarmente como “sulfatos”) que nos permiten controlar esta praga.
Pero para controlar a praga hai que saber previamente cando nacen os vermes, e eiquí o noso traballo.
O desenrolo do verme depende moito da temperatura e a día de hoxe está moi ben estudado o seu ciclo biolóxico.
machos da polilla da mazá, Cydia pomonella, atrapadas en trampa de feromona

 O proceso para o control é o seguinte:
1º.- A finais de abril colócase nunha maciñeira unha trampa de feromonas para capturar ós machos da volvoreta, que acuden ó olor da feromona artificial que simula o olor das femias.
2º.- Cada semana revisamos as trampas, e cando atrapemos nelas 4 machos ou máis quere dicir que a poboación está medrando e que pode comezar a reproducción.
3º.- A partires deste momento temos que controlar a temperatura crepuscular (arredor das 11:45 da noite), no noso caso sacamos o dato da estación metereolóxica automática do CPI de San Sadurniño. Si a temperatura crepuscular supera os 15,5º durante dous días consecutivos comezará a reproducción.
A temperatura crepuscular diaria pódese consultar no seguinte enlace:
http://cpisansadurnino.org/meteoclimatic/vermes.csv

4º.- A partires deste momento imos contar os GRADOS-DIA que se acumulan a diario. Os grados día resultan da fórmula bioclimática seguinte: GD=Tmedia do día-10º.
5º. Cando a suma dos GD acumulados alcance o valor de 90 prodúcese a eclosión dos ovos e, polo tanto, a aparición dos VERMES. Isto ocorre normalmente a principios ou mediados de xuño.
6º.- Os vermes, de moi pequeno tamaño, intentarán chegar a unha mazá (tamén pequenas) é este o momento de aplicarlles o “sulfato”.

Na gráfica de abaixo podedes ver os grados-día acumulados dende as primeiras capturas de machos.
Este proceso normalmente ocorre máis dunha vez, e dicir, hai varios “picos” de aparición de machos, ou dito doutro xeito, as volvoretas non nacen todas a un tempo.

Si o verme logra alcanzar unha mazá, medrará no seu interior e cando alcance un certo tamaño saíra (outro furado de saída), se transformará en crisálida e sairá despois dun proceso de metamorfose un novo adulto, e volta a comezar co ciclo. Normalmente hai dous ou tres ciclos cada primaveira-verán.
Tedes máis información sobre o tema en :
 http://fruticultoresgalicia.blogspot.com.es/p/informes-fitosanitarios-2015.html

https://frutales.wordpress.com/fitosanitarios/



Folla de cálculo para o rexistro da temperatura e dos graos/dia acumulados

luns, 11 de maio de 2015

ESTUDO DA TEMPERATURA DAS AULAS DE SECUNDARIA

Co 3º premio de Meteoescolas recibimos como agasallo 30 estacións meteorolóxicas de interior. Tras darlle voltas ás diferentes posibilidades de uso decidimos repartilas polas aulas para medir a temperatura a diferentes horas da mañá.

En cada clase haberá un alumno encargado de tomar a temperatura ás 9:30 e ás 12:30 e posteriormente cargar os datos na seguinte folla de cálculo de Google Docs. Esta folla de cálculo é visible para todos pero só poderán editar os alumnos e profesores habilitados a través da súa conta de correo do centro xxx@cpisansadurnino.org.


Folla de cálculo de rexistro das temperaturas das aulas de secundaria

Na gráfica seguinte facemos un resumo dos resultados obtidos:


ESTUDO DA TEMPERATURA DAS AULAS DE INFANTIL E PRIMARIA

Seguindo o mesmo método empregado en secundaria fixemos o estudo de infantil e primaria. Os alumnos tomaron os datos da temperatura da aula ás 9:30 e ás 12:30 coas novas estacións meteorolóxicas ganadas co premio de Meteoescolas no curso anterior.

Folla de cálculo de rexistro das temperaturas das aulas de infantil e primaria

Na gráfica seguinte facemos un resumo dos resultados obtidos:


domingo, 10 de maio de 2015

INFORME CLIMATOLÓXICO DO 2014

Os alumnos de Matemáticas A de 4ºESO elaboraron o informe climatolóxico do 2014 a partir dos datos da nosa estación meteorolóxica automática.

É un informe todavía en fase de revisión que iremos actualizando na próximas clases. Os alumnos traballan nel colaborativamente nun mesmo documento de Google Docs no que todos poden editar e repartirse o traballo. O traballo o estamos realizando na biblioteca do centro o que nos permite consultar tamén diversos libros sobre meteoroloxía (entre eles os que nos foron regalados polo 3º premio de Meteoescolas 2013-14)

xoves, 7 de maio de 2015

A VISITA DE GERMÁN DÍAZ

Aínda seguimos fascinados coa visita de Germán Díaz quen nos falou sobre a música e as matemáticas e tamén sobre a música mecánica amosándonos fascinantes instrumentos. Ensinounos a perforar cartóns para facer soar con estes instrumentos, marabillounos coa súa música e contestou as nosas dúbidas sobre as nubes. Foi unha mañá espléndida que oxalá poidamos repetir. Grazas mil Germán.



martes, 5 de maio de 2015

GERMÁN DÍAZ VISITA O NOSO CENTRO O XOVES 7 DE MAIO

O músico Germán Díaz acude ao centro a impartir unha charla-taller sobre música mecánica e fonografía, no que falará de de instrumentos accionados por manivela como a zanfoña, instrumento medieval no que é un experto, fonógrafos e gramófonos.

Un dos temas a tratar é a relación entre música e matemáticas.

O motivo de que mencionemos a súa visita no noso blog é a súa afición á observación de nubes:

http://www.germandiaz.net/nubes/

Esperamos que nos aporte algún consello sobre o tema: fotografía, observación, predición,...



sábado, 2 de maio de 2015

TRABALLO DOS ALUMNOS DE 1ºESO SOBRE A TEMPERATURA DO 2014

Os alumnos de 1ºESO B na clase de Matemáticas levaron a cabo un estudio guiado sobre as temperaturas diarias recollidas pola estación automática do centro.

Os cálculos e as gráficas as levaron a cabo coa folla de cálculo e fixeron un informe guiado por unha serie de actividades propostas:



DIARIO METEOROLÓXICO DE ABRIL 2015 EN FOTOS