martes, 24 de marzo de 2015

Lembranza sobre os materiais e recursos de Lingua galega e literatura

Lembrámosvos que os materiais e recursos para os traballos propostos na materia de Lingua galega e literatura están a vosa disposición na nosa aula virtual. Só tedes que premer aquí.

venres, 20 de marzo de 2015

FOTOS DO ECLIPSE DO 20 DE MARZO DO 2015

Que decepción! Ata as 10:58 non se viu o Sol! Esta é a mellor foto tomada ás 10:59:

  

Descubre os 4 únicos selfies que conseguimos do dia do eclipse.

domingo, 8 de marzo de 2015

ECLIPSE SOLAR O 20 DE MARZO

O vindeiro venres 20 de marzo poderemos observar un eclipse de sol que si ben non será total máis que nas islas Feroe e Svalbard, sí alcanzará unha magnitude do 80% na provincia de A Coruña.

Para unha información completa consultade a páxina do IGN ( Instituto Geográfico Nacional): http://www.oan.es/eclipse2015/?cp=15552



Nesta mesma páxina ou descargando este arquivo podedes consultar métodos seguros para observar o eclipse.

Neste enlace, fotos do eclipse do 2005 , tedes fotos do eclipse que observamos dende o patio do noso centro utilizando estes métodos de proxección do Sol.

Dende Meteosansa vos propoñemos participar na observación do eclipse construíndo o voso artefacto caseiro e facéndovos un selfie observando o eclipse. Neste mesmo artigo iremos publicando as vosas fotos.
¡HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO PARA A MELLOR FOTO!



martes, 3 de marzo de 2015

REFRANEIRO DE MARZO

Xa está aquí o mes de Marte, que é o que vén a significar marzo e con el a primavera, aínda que segundo os nosos antergos neste mes aínda se senten as frebas de marzo, é dicir, aínda fai mal tempo. Así que, imos co refraneiro marzal:
  • Cando marzo maiea, maio marcea.
  • Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato.
  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
  • Día de san Xosé, primeira anduriña se ve.
  • En marzo auga que non molle o rabo do gato.
  • Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
  • Marzo amarzador, se un día é malo, o outro é peor.
Se queredes saber máis refráns sobre este mes recomendámosvos os seguintes enlaces:
E nós a, agardar oír o cuco mentres vemos florecer os narcisos, calzas de cuco ou amarelles posto que estes tres nomes recibe esta planta de flores amarelas en galego.
Créditos da fotografía: Narcissus 'Ice Follies' de Paul Henjum. Atopada aquí.