martes, 24 de febreiro de 2015

ROSALÍA E A METEOROLOXÍA

Deixámosvos unha selección de poemas de Rosalía (titulada "De ventos e alboradas") relacionados coa meteoroloxía que elaboramos o equipo da Biblioteca e o EDLG para conmemorar o Día de Rosalía. Só tedes que premer aquí. 


mércores, 11 de febreiro de 2015

EXPOMETORO NO CPI SAN SADURNIÑO

Do 2 ao 12 de febreiro o noso centro recibe a exposición Expometeoro cedida por MeteoGalicia dentro do proxecto Meteoescolas no que participamos.

A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:



mércores, 4 de febreiro de 2015

REFRANEIRO DE FEBREIRO

Os refráns sobre febreiro son moi numerosos. Moitos deles fan referencia á Candeloria, que se celebra o 2 de febreiro: "Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro", "Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola", "Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal".
Pero, hai moitos máis refráns referidos a febreiro:
  • Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
  • Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
  •  Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
  •  Febreiriño mocho, cos teus vinteoito, mellor sería se tiveras menos oito.
  •  Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro.
  •  Xaneiro, xeadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
Se queres saber máis sobre o refraneiro de febreiro recomendámosche a entrada da Galipedia onde atoparás un resumo e esta páxina sobre fraseoloxía galega da Secretaría Xeral de Política Lingüistica onde se recollen numerosos enlaces.
Créditos da fotografía: "Lavandeira" de Lmbuga (L.Miguel Bugallo S.). Atopada aquí.