xoves, 27 de novembro de 2014

INVERSION TÉRMICA VAL DE PEDROSO


Imaxe do val de Pedroso (Narón) tomada dende a entrada do CPI de San Sadurniño o 27 de Novembro ás 9:10 horas. Apreciamos o ceo despexado e unha capiña de néboa sobre o val que marca o límite da inversión térmica tan característica nesta zoa cando temos en inverno situación anticiclónica. 

mércores, 26 de novembro de 2014

ESPECTACULAR FOTOGRAFÍA DUN TORNADO E ARCO DA VELLA SOBRE KANSAS

Atopamos na web GCiencia unha sección titulada NASA en galego que nos permite acceder á versión galega do Astronomy Picture Of the Day da NASA que nos ofrece unha fotografía astronómica diaria acompañada dun texto escrito por un astrónomo profesional. APOD Galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia, un espazo dos astrónomos afeccionados galegos.
Pois ben, o día 23 de novembro apareceu unha espectacular fotografía (que podes atopar premendo aquí) tomada polo cazador de tormentas Eric Nguyen dun tornado e un arco da vella. Por certo, non deixedes de ler as recomendacións finais que nos ofrecen no comentario por se nos atopamos cun tornado.

luns, 17 de novembro de 2014

martes, 11 de novembro de 2014

RAIOS CREPUSCULARES

Empezamos esta sesión de fotos meteorolóxicas no curso 2014-2015 cun fenómeno meteorolóxico moi bonito: o dos raios crepusculares.
Con ese termo referímonos a a esa luz que parece sair dun punto do ceo e que se espalla en varios raios ao atravesar as nubes. A dispersión é a causa do mesmo e pode ser observado principalmente cando o sol se pon ou acaba de saír (de aí o de crepuscular), que é cando máis contraste lumínico hai no ceo.

venres, 7 de novembro de 2014

VISITA A METEOGALICIA

Comezamos o novo curso 2014-15 cunha visita á sede de Meteogalicia en Santiago. O xoves 6 de novembro os alumnos de 3º e 4ºESO recibiron unha explicación detallada do uso dos instrumentos de medida da temperatura, precipitación, vento,...e unha charla sobre circulación xeral atmosférica.