xoves, 18 de decembro de 2014

PREDICCION DO TEMPO 3ºESO A. CPI San Sadurniño

Os alumnos de 3º A fixeron de metereólogos e fixeron unha predicción do tempo. Todo o organizaron eles, dende o guión, a producción e os aspectos técnicos de son e imaxe. O resultado quedou vistoso, vos decidiredes.

 

 Próximamente colgaremos a reportaxe de como fomos facendoo, que ainda que parece sinxelo costounos  bastante.


martes, 9 de decembro de 2014

VALORES CLIMATOLÓXICOS NORMAIS E VALORES DO PASADO MES DE OUTUBRO

Tabla comparativa dos valores climatolóxicos normais en A Coruña no mes de Outubro e os obtidos este ano na nosa estación automática   

T
TM
Tm
R
H
DR
DN
DT
DF
DH
DD
I

15.6
18.7
12.6
110
78
12
0
1
3
0
3
150
Valores normais A Coruña
17.1
22.2
12.0
64.2
79.4
15


12
9


Valores estación CPI San Sadurniño


luns, 1 de decembro de 2014

A música e as nubes

Germán Díaz, sobriño do músico e folclorista Joaquín Díaz e un dos mellores zanfonistas de Europa, é un apaixonado das nubes que este ano organizou o II Congreso Internacional de Observadores de Nubes no mes de setembro.



Por outra banda, Germán inclúe no seu último disco, Método cardiofónico, tres composicións dedicadas ás nubes. Deixámosvos o vídeo de "Nimboestrato".


xoves, 27 de novembro de 2014

INVERSION TÉRMICA VAL DE PEDROSO


Imaxe do val de Pedroso (Narón) tomada dende a entrada do CPI de San Sadurniño o 27 de Novembro ás 9:10 horas. Apreciamos o ceo despexado e unha capiña de néboa sobre o val que marca o límite da inversión térmica tan característica nesta zoa cando temos en inverno situación anticiclónica. 

mércores, 26 de novembro de 2014

ESPECTACULAR FOTOGRAFÍA DUN TORNADO E ARCO DA VELLA SOBRE KANSAS

Atopamos na web GCiencia unha sección titulada NASA en galego que nos permite acceder á versión galega do Astronomy Picture Of the Day da NASA que nos ofrece unha fotografía astronómica diaria acompañada dun texto escrito por un astrónomo profesional. APOD Galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia, un espazo dos astrónomos afeccionados galegos.
Pois ben, o día 23 de novembro apareceu unha espectacular fotografía (que podes atopar premendo aquí) tomada polo cazador de tormentas Eric Nguyen dun tornado e un arco da vella. Por certo, non deixedes de ler as recomendacións finais que nos ofrecen no comentario por se nos atopamos cun tornado.

luns, 17 de novembro de 2014

martes, 11 de novembro de 2014

RAIOS CREPUSCULARES

Empezamos esta sesión de fotos meteorolóxicas no curso 2014-2015 cun fenómeno meteorolóxico moi bonito: o dos raios crepusculares.
Con ese termo referímonos a a esa luz que parece sair dun punto do ceo e que se espalla en varios raios ao atravesar as nubes. A dispersión é a causa do mesmo e pode ser observado principalmente cando o sol se pon ou acaba de saír (de aí o de crepuscular), que é cando máis contraste lumínico hai no ceo.

venres, 7 de novembro de 2014

VISITA A METEOGALICIA

Comezamos o novo curso 2014-15 cunha visita á sede de Meteogalicia en Santiago. O xoves 6 de novembro os alumnos de 3º e 4ºESO recibiron unha explicación detallada do uso dos instrumentos de medida da temperatura, precipitación, vento,...e unha charla sobre circulación xeral atmosférica.

mércores, 25 de xuño de 2014

3º PREMIO METEOESCOLAS PARA O NOSO CENTRO

O noso centro ven de gañar o 3º premio do concurso de Meteoescolas. O noso proxecto "Meteosansa" foi seleccionado de entre os 36 centros galegos que participaron este curso neste apartado do plan Proxecta.

O director do plan Proxecta, o director de Meteogalicia e a responsable do programa Meteoescolas visitaron o noso centro este venres 20 para entregarnos o premio e o diploma.

Memoria Final do proxecto Meteosansa 2013-14

Premios Meteoescolas no Diario de Ferrol
Premios Meteoescolas en Ferrol360
Aínda que este verán non teremos novos traballos esperamos comezar en setembro con novos proxectos.

A nosa estación automática non descansa e ofrece información todo o ano!!

xoves, 29 de maio de 2014

CADEA DE CICLOXÉNESIS EXPLOSIVAS NO INVERNO 2013-14

Os alumnos de 1ºESO, Sergio Pazos e Aldara Pérez, están preparando un resumo da cadea de cicloxénesis explosivas deste inverno e as súas consecuencias. A reportaxe será relatada en galego e francés:


GRÁFICAS DE 2014 ELABORADAS COA FOLLA DE CÁLCULO

Os alumnos de 3ºESO están encargados durante os meses de maio e xuño da recollida de datos da estación manual e a súa introdución na rede de Meteoescolas.

Na asignatura de Matemáticas están a elaborar as gráficas de xaneiro a maio de 2014 na folla de cálculo cos datos da estación automática:

mércores, 28 de maio de 2014

TRABAJO SOBRE PRECIPITACIÓN

Los alumnos de 1ºESO realizaron un trabajo sobre precipitación en la asignatura de Matemáticas. A partir de las actividades propuestas intentamos comprobar nuestras hipótesis. Para ello utilizamos:

a) Los datos de la estación automática del centro.
b) Los datos "normales" de la estación de A Coruña de la red de AEMET.
c) Páginas web con los registros de los lugares más secos y con más precipitación.
d) Blog sobre la riada de Valencia de 1957.

Ejemplo de las actividades:

ACTIVIDAD 1: Caracterización del clima según la precipitación anual total

− ¿Crees que llueve mucho al cabo del año en tu zona? Aquí tienes algunos datos para comenzar a valorar las cantidades con las que vamos a trabajar:

Estos son los datos de precipitación del 2013 obtenidos con la estación automática del CPI San Sadurniño en l/m2:

ENE FEB MAR ABR MAY JUN JUL AGOS SEPT OCT NOV DEC
327,18
97,567
130,71
86,841
117,4
44,03
10,1912
22,55
48,2
146,790
75,56
63,44
327,2
97,6
130,7
86,8
117,4
44,0
10,2
22,6
48,2
146,8
75,6
63,4


Trabajo realizado por una alumna de 1ºESO B.

TIPOS DE NUBES

Alumnos de 1ºESO elaboraron traballos sobre distintos tipos de nubes:

martes, 27 de maio de 2014

CLIMOGRAMAS

Os alumnos de 6º de primaria elaboraron climogramas:

 
Os alumnos de 1ºESO A tamén están elaborando un climograma cos datos da estación automática do centro do 2013.

domingo, 25 de maio de 2014

CARTEL DA EXPOSICIÓN DE METEOSANSA NO DÍA DA CIENCIA

En anteriores artigos do blog podedes ver un vídeo da magnífica exposición dos alumnos de 1ºESO do traballo levado a cabo este curso en METEOSANSA, agora podedes ler con calma o cartel que resume o traballo:

Aquí tedes una presentación de fotos dos alumnos de 1ºESO que explicaron o proxecto de MeteoSansa a todos os alumnos do centro o xoves 24 de abril e o domingo 27 para todos os visitantes da Feira da Plantación de San Sadurniño:



Ademáis de facerse eco La Voz de Galicia tamén o fixo El Diario de Ferrol:

Día da Ciencia no CPI San Sadurniño no Diario de Ferrol

sábado, 10 de maio de 2014

CAPÍTULO 5 NOVO PEQUENO CATÁLOGO DE TEMPOS E ACORDES

Estamos chegando ao final e antes de dar por finalizado o curso tiñamos que dedicarlle un momento a iso que esperamos con tantas ganas...O SOL. Luz, cor, calorciño, verán...vacacións.
Aquí vos deixo unha pequena análise do astro rei e dalgunhas curiosidades que leva aparelladas. E para darlle o toque musical ao asunto atopamos a un semidescoñecido do mundo da música que nos trae un tema sorprendente "here comes the sun" (que non ten nada que ver co dos beattles). Sons cautivadores e misteriosos. Déixate atrapar por The weeknd e verás que descubrimento.



Clika aquí para escoitar o tema en youtube

martes, 29 de abril de 2014

SAIMOS NA PRENSA

Aquí tedes unha mostra máis da repercusión da nosa celebración do día da ciencia no xoves pasado. Ao día seguinte, La Voz de Galicia, facíase eco do evento dentro da información referente á Feira da Plantación, na cal fixemos un segundo pase.
Aquí temos na foto a dúas alumnas explicando unha pila feita con limóns, pero lembrade que entre os distintos postos tivemos ocasión de amosar o traballo feito polos alumnos dentro de meteoescolas.


domingo, 27 de abril de 2014

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO

O pasado xoves 24 e hoxe domingo 27 fixemos no colexio sesión dobre para expoñer proxectos científicos que estamos levando a cabo no colexio e outras experiencias relacionadas coa ciencia, a do xoves para a comunidade educativa e a de hoxe para o público en xeral. Entre elas temos o proxecto meteosansa no que estamos a traballar e no cal recollemos e representamos os datos meteorolóxicos que nos proporcionan as nosas estacións, tanto a manual como a automática.
Os alumnos de 1ºESO fixeron unha magnífica exposición do asunto. Aquí vos deixo unha mostra gráfica dun anaco da presentación de hoxe diante da xente que se achegou ao colexio aproveitando a Feira da Plantación en San Sadurniño.
Parabéns a todos os participantes nestas sesións porque ao final o esforzo pagou a pena.



domingo, 30 de marzo de 2014

GRÁFICAS DE FEBREIRO DO 2014

Na gráfica de presión observamos as bruscas caídas que se corresponderon coas sucesivas cicloxénesis explosivas do mes de febreiro  de 2014.
Gráficas elaboradas polos alumnos de 1ºESO A no proxecto interdisciplinar titorizado pola profesora Mª del Mar Gutiérrez.
Os datos son os recollidos pola estación automática do noso centro.


GRÁFICAS DE DECEMBRO DE 2013

Na gráfica de presión observamos a súbita caída que corresponde á cicloxénesis explosiva do 24 de decembro do 2013.
Gráficas elaboradas polos alumnos de 1ºESO A no proxecto interdisciplinar titorizado pola profesora Mª del Mar Gutiérrez.
Os datos son os recollidos pola estación automática do noso centro.


GRÁFICAS DE XANEIRO DO 2014

Na gráfica de presión observamos as bruscas caídas que se corresponderon coas sucesivas cicloxénesis explosivas do mes de xaneiro  de 2014.
Gráficas elaboradas polos alumnos de 1ºESO A no proxecto interdisciplinar titorizado pola profesora Mª del Mar Gutiérrez.
Os datos foron obtidos da estación automática do centro.


FOTOS DE FEBREIRO DE 2014


domingo, 9 de marzo de 2014

CAPÍTULO 4 NOVO PEQUENO CATÁLOGO DE TEMPOS E ACORDES

O capítulo de hoxe esta dedicado á NEVE, un fenómeno moi propio destas datas. As últimas cicloxeneses deixáronnos aos que vivimos preto da costa unhas imaxes de violencia extrema no mar, pero moi preto, nas montañas o que trouxo foi precipitacións en forma de neve. Imos reparar un chisco neste curioso fenómeno físico que nos deixa estampas tan bonitas nunhas ocasións e tan perigosas noutras... Como tema musical eliximos un curioso e pouco coñecido tema dunha solista de orixe indonesio que nos transporta a un mundo máxico, onde todo é calido, circular, suave, sen aristas. Anggun e o seu "Snow on the Sahara". Pois veña, que neve no Sahara...visto o visto como está o tempo tampouco sería tan estraño ¿non?.



agora preme aquí para ver o vídeo da canción

venres, 28 de febreiro de 2014

EXPOSICIÓN SOBRE O QUENTAMENTO GLOBAL


O alumno de 1ºESO B, Antonio Rodríguez, expón o traballo do seu grupo de Proxecto Interdisciplinar sobre o quentamento global. O traballo foi titorizado polo seu profesor, Leonardo Piñeiro.


EXPOSICIÓN SOBRE O QUENTAMENTO GLOBAL

 A alumna de 1ºESO B, Ángela Soto, expón o traballo do seu grupo de Proxecto Interdisciplinar sobre o quentamento global. O traballo foi titorizado polo seu profesor, Leonardo Piñeiro.


xoves, 27 de febreiro de 2014

EXPOSICIÓN SOBRE O QUENTAMENTO GLOBAL

O alumno de 1ºESO B, Martín Varela, expón o traballo do seu grupo de Proxecto Interdisciplinar sobre o quentamento global. O traballo foi titorizado polo seu profesor, Leonardo Piñeiro.


EXPOSICIÓN SOBRE O QUENTAMENTO GLOBAL


Sergio Pazos, alumno de 1ºESO B, presenta o traballo realizado polo seu grupo de Proxecto Interdisciplinar. O traballo foi titorizado polo seu profesor, Leonardo Piñeiro.

xoves, 20 de febreiro de 2014

CAPÍTULO 3 NOVO PEQUENO CATÁLOGO DE TEMPOS E ACORDES

Esta terceira entrega do pequeno catálogo estaba pedindo xa entrar desesperadamente. O vento sufrido nas últimas semanas facía imprescindible dedicarlle uns minutos a ver a razón de por qué hai vento e sobre todo por qué ás veces provoca efectos tan devastadores. Nesta entrada coméntovos algo diso. En canto á música que o acompaña elixín un tema de Phil Collins. Seguimos buscando sons novos, cancións curiosas, diferentes...haberá un pouco de todo nesta sección; a razón dista é o uso tan central e espectacular que ten a batería na canción, que lle confire un toque potente á vez que misterioso e estraño...en canto á letra fala do aire ou algo que ven polo aire ¿que é? non o sei...ningúen o sabe. A canción tivo moito éxito a principios dos anos 80, sobre todo grazas a saír nun capítulo de Miami Vice, unha serie moi famosa nesa época, e o que quere dicir a súa letra converteuse en motivo de culto. Que cada un interprete o que queira...pero coidado co aire, pode traer cousas malas...



agora preme aquí para ver o vídeo da canción

mércores, 19 de febreiro de 2014

RECUPERAMOS A NORMALIDADE

Despois da sucesións de fenómenos extremos nos últimos dous meses, parece que voltamos á normalidade. Na anterior entrada Julia xa vos deixaba un vídeo para explicar o sucedido. Pronto teredes o 3º capítulo do novo pequeno catálogo de tempos e acordes, dedicado ao vento.
Hoxe déixovos unha foto bonita á saída do sol, no que entre as nubes (estrato-cúmulos) se contemplaban unhas cores moi chulas. Un dos capítulos do catálogo ímosllo dedicar a explicar por qué estas cores e por qué en momentos tan concretos como son o mencer e o solpor.



luns, 17 de febreiro de 2014

V TELEVISIÓN EXPLICA A SUCESIÓN DE BORRASCAS EXPLOSIVAS

V Televisión ten unha sección de meteoroloxía explicando os últimos fenómenos que sucederon en Galicia. Neste vídeo un meteorólogo explícanos o porqué da sucesión de borrascas explosivas destes últimos meses.
(Pincha na imaxe e ten un pouco de paciencia xa que lle costa cargar o vídeo)

Historias do tempo

venres, 14 de febreiro de 2014

OUTRA CICLOXÉNESE E VAN...

Hoxe era o día dos namorados pero se ve que os Santos non poden cos Deuses e San Valentín tivo que doblar o xeonllo ante o Deus EOLO que ultimamente está máis activo do normal...
Hoxe "Meteogalicia" asustábanos con este mapa de isobaras
mapa isobaras para o venres 14 de febreiro de 2014 ás 18:12h
Se vos fixades é espectacular. Temos unha borrasca moi profunda á altura de Irlanda que no seu núcleo acada os ¡¡956 HPa¡¡, tremendo. Pero o curioso xa no é que as isobaras estean tan apretadas que sean case ilexibles os seus valores de presión...fixédevos na encerrona que lle fixeron a esta borrasca os anticiclóns de as Azores (nesta ocasión moi potente), outro no norte de África y un terceiro pechando o corredor situado en centroeuropa e Rusia...¿por onde van escapar eses ventos logo? por ningures. So lles queda apretarse máis e máis facendo forza e chegando a toda velocidade en forma de "Ulla", a enésima cicloxénese explosiva que nos ataca este ano. Hoxe a nosa estación automática rexistrou 117 km/h...¿queredes comprobalo? aquí vos deixo un vídeo de proba, atención á velocidade do vento en terra (ruido e a palmera a piques de saír voando) e aló arriba (velocidade das nubes espectacular)


martes, 11 de febreiro de 2014

AUTÉNTICOS CÚMULO-NIMBOS

Non é de estrañar que nesta incesante avalancha de temporais nos atopásemos con unhas nubes como estas.
Os cúmulo-nimbos son nubes de gran desenvolvemento vertical (poden ser de varios quilómetros de altura) e traen moita chuvia e incluso aparello eléctrico. Están provocadas por masa de aire quente que ascenden rápidamente xirando sobre si mesmas xerando esas formas tan curiosas e caprichosas como a que vemos na fotografía de hoxe.  Son sinónimo de gran inestabilidade atmosférica...¡e que o digas¡
Cúmulo-nimbos ao amencer

sábado, 8 de febreiro de 2014

¿QUE TEMOS PARA HOXE?

Pois hoxe toca unha de vento ben potente, dese que menea as palmeiras e bandeiras do colexio, un pouco de auga, por rachas, así que empape ben o ambiente, e para poñerlle unha nota sonora e contundente hoxe temos unha sesión curta pero intensa de saraiba con pedrisco de tamaño considerable.
Aí vai...
vento, vento e máis vento no colexio

gotas de chuvia como decorado permanente

sarabeando sobre a ría


venres, 7 de febreiro de 2014

CAPÍTULO 2-NOVO PEQUENO CATÁLOGO DE TEMPOS E ACORDES

Seguimos o noso percorrido musical polo mundo da meteoroloxía. E hoxe é precisamente ela a que nos pediu unha canción. Realmente o que fixo foi ensinarnos hoxe pola mañá unha precioso arco de vella dobre e pensamos ¿Por que non explicamos algunha curiosidade deste bonito fenómeno e de paso lle dedicamos unha canción? Dito e feito.
E para iso véusenos a cabeza un tema moi orixinal (que curiosamente non é orixinal...porque é unha versión dobre, como o noso arco da vella de hoxe) dun artista hawaiano de difícil nome, e que se fixo famoso por formar parte da banda sonora da película "Descubrindo a Forrester". Déixate atrapar polos acordes do seu ukelele e goza cunha versión de dúas das cancións máis famosas da historia.

capítulo 2- o arco da vella

 capítulo 2-Israel kamakawiwoole-medley over the rainbow what a wonderful world


AGORA PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A CANCIÓN

UN REGALO PARA OS OLLOS

Estes días de temporal tras temporal parece que non traen máis que imaxes de vento forte, mar cabreado e perigoso, chuvia e máis chuvia...pero tamén nos pode deixar imaxes tan bonitas como as de hoxe do ARCO DA VELLA. 
O arco de vella xa é de por si un fenómeno físico precioso pero cando temos a posibilidade de contemplar un DOBRE xa é espectacular.
Para coñecer os fundamentos físicos do fenómeno terás que entrar no capítulo 2 do "Novo pequeno catálogo de tempos e acordes" de inminente publicación...
De todos os xeitos adianto que se debe á refracción da luz branca do sol cando atravesa gotiñas de chuvia esféricas, que a leva a descompoñerse en 7 cores. É curioso ver que as cores do arco secundario están invertidos respecto ao primario, e que é bastante menos intenso. A próxima vez que observes un, fíxate no negro que está o ceo entre eles...iso tamén ten explicación (capítulo 2...catálogo...tempos e acordes...)
Ahh¡¡ esquecíame...este regalo da natureza é exclusivo para ti...ninguén ve dous arcos da vella iguais, veñen "customizados de serie". Para comprender iso pensa que a cor depende do ángulo co que incida a luz naquilo que queremos ver...e ninguén está xusto na posición onde está outra persoa ¿entendes?

Esta mañá ao chegar a San sadurniño viamos isto



E xa no colexio contemplamos esta preciosa estampa






Xa vedes, non hai mal que por ben non veña. Neste temporal non todo ía a ser deprimente. A verdade é que temos a oportunidade de ver a natureza en estado puro...e impresiona.


xoves, 6 de febreiro de 2014

HOXE TOCAN...CIRRO-CÚMULOS

Nesta lección acelerada de meteoroloxía que nos está a traer o 2014, hoxe tocan...OS CIRROCÚMULOS. É que é tal a variedade de nubes á que estamos asistindo os últimos días que xa nos parecía estraño que non apareceran estas.
Son un tipo de nubes simétricas, moi regulares, sinais de zonas de turbulencia a esa altura e que soen ser indicativo de que se aproximan tormentas ou polo menos de inestabilidade atmosférica...e vaia que se aproximan: ¡non saímos dela¡
A instantánea que tomamos hoxe amosa o sol loitando por facerse ver tras dese manto espeso de nubes brancas. Non obstante, son bonitas ¿non si?



martes, 4 de febreiro de 2014

GRAFICAS DE PRECIPITACIÓN E TEMPERATURA DE NOVEMBRO 2013


Gráficas de precipitación e temperatura elaboradas polos alumnos de 1ºESO a partir dos datos da estación meteorolóxica automática do CPI San Sadurniño.



¡VAIA MAPA DE ISOBARAS¡

Hoxe merece a pena poñervos o mapa de isobaras que Meteogalicia nos proporcionaba para hoxe ás 7 da tarde. É de libro.
Mirade que xuntiñas están esas liñas que marcan os puntos coa mesma presión (isobaras), o cal nos di que o aire ten que percorrer moi pouco traxecto para meterse nunha zona de menor presión, o cal se traduce en que colle unha velocidade desmesurada. Observade tamén como dous potentes anticiclóns situados en centroeuropa e nas Azores se poñen farrucos e din "por aquí non pasa ningúen" forzando ao aire frío e húmido do Atlántico norte impulsado por esas borrascas superprofundas (¡¡ 952 HPa ¡¡) a pasar a toda velocidade por un estreito corredor cara o Mediterraneo, pillándonos de pleno. Así que, xa sabedes, o que avisa non é traidor, e para máñá a cousa non pinta nada ben: moito coidado preto dese mar tolo que non embiste estes días, e atentos a todo aquilo que poida voar, porque fará o papel de arma arroxadiza.

luns, 3 de febreiro de 2014

SEGUIMOS CUN OLLO POSTO NO CEO...

Neste espectacular inicio de ano 2014 non nos cansamos de mirar cara arriba e ver ese ceo gris. A verdade é que cada día descubres algo novo; parecen as mesmas nubes de sempre pero non é así.
Hoxe por exemplo tivemos un claro exemplo do revolta que anda a atmosfera aló arriba.
Se mirabamos ao sur viamos isto
Unha curiosa mestura de cúmulos (nubes de chuvia) con cirros (nubes que non traen chuvia), estratos (nada de chuvia); incluso os cúmulos chegaban a parecer nimbos do compactos e escuros  que estaban. Ademáis unhas nubes estaban altas e outras moi baixas. En definitiva un pouco de todo, síntoma que as condicións de humidade, vento, temperatura... pola troposfera son do máis variado.
Polo menos podiamos ver o azul do ceo detrás, algo de luz, algo de "esperanza"...truncada definitivamente ao xirar a cabeza ao norte e ver que as profundas borrascas situadas no Atlántico Norte nos traen unha boa remesa de nubes a unha velocidade espectacular, o que se traduce en fortes ventos que nos sitúan preto dunha nova cicloxenese explosiva para mañá...agarrádevos¡¡¡

CAPÍTULO 1-NOVO PEQUENO CATÁLOGO DE TEMPOS E ACORDES.

Empezamos a nosa viaxe musical a voltas co tempo. E haberá que empezar polo principio ¿non?. Por iso dedicámoslle o noso primeiro capítulo a definir o propio concepto que nos ocupa: a meteoroloxía. Despois Daniel Higiénico daranos a súa particular visión deste tema e do home do tempo "que todos levamos dentro"
 a meteoroloxía

 Daniel Higiénico "el hombre del tiempo"

AGORA PREME AQUÍ PARA ESCOITAR A CANCIÓN





domingo, 2 de febreiro de 2014

UNINDO A METEOROLOXÍA COA MÚSICA

Empezamos hoxe unha viaxe ao longo do tempo...pero do tempo meteorolóxico. E non será unha viaxe normal; botaremos man da música para facela máis amena.
O proxecto nace co obxectivo de ir explicando de xeito moi sinxelo os conceptos mais básicos da meteoroloxía, buscando na inmensidade do panorama musical algunha referencia a ese fenómeno e engarzando as dúas caras desta moeda nunha simbiose que esperamos que resulte atractiva. 
Na cara A falaranos a ciencia. Na cara B deixaremos que sexa a música quen se exprese. 
Pensamos en chamarlle a esta criatura NOVO PEQUENO CATÁLOGO DE TEMPOS E ACORDES...co permiso de "El último de la fila"; esperamos que non resulte pretencioso e que nos acompañedes nesta viaxe musical, máis que nada porque, ao mellor tedes que botarnos unha man...
Cada vez que publiquemos unha entrada atoparédesvos algo así:


Nos vos cortedes, facede clic e abride os ollos e as orellas.
Mañá, o capítulo 1:  A METEOROLOXÍA

¿UN NOVO TEMPORAL? ¿OU É O MESMO QUE NON CESA?

A verdade é que nin os máis vellos do lugar lembran un fenómeno tan continuado de temporal coma o que estamos sufrindo. 
Hoxe domingo o sol quixo aparecer, máis que nada para dicirnos que aínda está aí, detrás das espesas nubes que nos asolagan. Déixovos unhas fotiños do solpor, ese momento máxico no que os últimos raios de sol loitan e perden a batalla contra o tempo...


Pero foi poñerse o sol e poñerse en marcha a outra cara da moeda...desta volta déixovos un pequeno vídeo tomado con móbil na praia de Riazor en Coruña. Non é a primeira vez que ocorre pero podedes comprobar que o mar sempre quere recuperar aquilo que no seu momento se lle quitou; a verdade impresiona.
Aproveitando...PRECAUCIÓN; como diría aquel...SENTIDIÑO estes días preto deste mar enbravecido.





































E O RÍO SEGUE CHEO¡¡

Nesta foto do rio Castro á altura da presa do muíño de Serafín vemos o cauce cheo de auga.



Nestoutra imaxe vemos os sedimentos que arrastrou o río. A repetición deste proceso ó longo de millóns de anos deu lugar a estas veigas de terreos moi fértiles. Por desgracia, o río non apaña soamente cousas boas...

E foi moito o que choveu...


sábado, 1 de febreiro de 2014

TEMPO EXTREMO

Hoxe quedei impresionado por estas fotos feitas por Mike Hollingshead sobre tormentas e publicadas no portal de yahoo. Teñen algo magnético, algo atractivo, algo perigoso...algo hipnótico.
O que teño claro é que non me gustaría verme en persoa tomando a foto.