venres, 19 de xuño de 2015

ALUMNOS DE 6º DE INFANTIL TRABALLANDO O TEMPO E O CLIMA

Para rematar este curso 2014-15 presentamos os traballos realizados polos alumnos de 6º de infantil coa súa titora Cristina Casal. Os nosos meteorólogos afecionados máis xóvenes tamén saben traballar seguindo o método científico: rexistran os datos cuidadosamente, extraen información dos datos, a presentan mediante gráficas e sacan as súas conclusións.
Tamén traballaron o clima nos seus proxectos sobre as estacións, os estados da auga, o Sol,...
Non deixedes de ver a súa presentación!


Poesía e... meteoroloxía

O alumnado de 4º de ESO elaborou poemas "meteorolóxicos" ao estilo hilozoísta ou imaxinista. Cos seus poemas e as fotografías dos alumnos e alumnas de 3º de ESO elaboramos este caderniño poético que agardamos que vos guste.

xoves, 18 de xuño de 2015

CHEGOU XUÑO


O mes de xuño xá está aquí, despois do maio longo. O nome deste mes provén do latín  Iunius, mes da deusa Xuño. O tamén chamado "mes de San Xoán" é un dos meses preferidos do refraneiro. Vexamos algúns exemplos:
  • A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan.
  • A sardiña en San Xoán xa molla o pan.
  • A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
  • As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan.
  • As trampas de san Xoán, por onde veñen van.
  • As trampas de san Xoán saen pola man.
  • Ata o san Pedro, o viño ten medo.
  • Ata san Xoán non te quíte-lo gabán.
  • Auga entre maio e xuño, vale máis cós bois e o xugo
  • En san Xoán, as nove co día dan.
  • En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña.
  • En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can.En san Xoán, o raposiño come pola súa man.
  • En san Xoán, o tempo aínda pon cara de can.Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.

mércores, 10 de xuño de 2015

CLIMAS DO MUNDO polos ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA

Os alumnos de 5º de primaria estudiaron os climas do mundo dentro da asignatura de Ciencias Sociais e elaboraron os seguintes traballos sobre o tema:


martes, 9 de xuño de 2015

TRABALLOS REALIZADOS POLOS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA

Os alumnos de 2º de primaria rexistraron os datos de temperatura e precipitación cos que elaboraron gráficas e traballos coa súa profesora Mª José , na seguinte presentación podedes ver un resumo:


luns, 8 de xuño de 2015

MÉTÉO - La prévision pour demain

Aquí está o vídeo que os alumnos de 3º de Francés gravaron para practicar o vocabulario do tempo.

GRÁFICAS DE 2015 ELABORADAS COA FOLLA DE CÁLCULO

Os alumnos de 3ºESO realizaron durante os meses de maio e xuño na asignatura de Matemáticas as gráficas de xaneiro a maio de 2015 na folla de cálculo cos datos da estación automática:


luns, 1 de xuño de 2015

TRABALLOS DOS ALUMNOS DE 1ºA SOBRE ENERXÍAS RENOVABLES E O EFECTO INVERNADOIRO

Estas presentacións resumen algún dos traballos realizados polos alumnos de 1ºA na asignatura de proxecto interdisciplinar: