mércores, 29 de marzo de 2017
VISITA DOS ALUMNOS DE 3º E 4ºESO A METEOGALICIA
Os alumnos de 3º e 4º da ESO visitaron o martes 28 de marzo as instalacións de Meteogalicia. Alí presenciamos o lanzamento dun globo sonda co posterior seguemento das variables monitorizadas. Presenciamos en directo a predicción meteorolóxica a Radio Lalín e recibimos unha charla sobre meteoroloxía e aparellos de medida.
luns, 13 de marzo de 2017
2ºde PRIMARIA TRABALLANDO EN METEOSANSA
Os alumnos de 2º de primaria traballan traballan o vocabulario específico dos fenómenos metereolóxicos, ademáis de estudar as diferentes ferramentas con que se miden:
Todos
os días, os nenos/as miraron a temperatura do exterior, para iso
deixaron un termómetro fóra de aula, na ventá. Tomaban a
temperatura á mesma hora, 12:10. Despois, coa profesora, comentaban
que tempo ía, se facía calor, frío e a oscilación térmica que
había entre os días. As temperaturas quedaban rexistradas nunha
fichas.
Tamén,
axudándose de cores, pintaban nunhas fichas preparadas
especificamente, se o día era solleiro, chuvioso, nuboso, solleiro e
nuboso, ventoso, treboento…
sábado, 11 de marzo de 2017
4ºde PRIMARIA TRABALLANDO EN METEOSANSA
Os alumnos de 4º de primaria traballan en Meteosansa:
3ºde PRIMARIA TRABALLANDO EN METEOSANSA
Os alumnos de 3º de primariatraballaron na construción dun pluviómetro. Fixeron primeiro unha investigación antes de pasar á súa construción.
CLIMOGRAMAS DE SAN SADURNIÑO DO 2013 AO 2016 ELABORADOS POLOS ALUMNOS DE 1ºESO
Na asignatura de Ciencias Naturais coa profesora Raquel Romero se elaboraron os climogramas de San Sadurniño do 2013 ao 2016 cos datos obtidos pola estación automática do centro.
- Gráficas climogramas do 2013 ao 2016: Expostas no panel de Meteosansa.
Este traballo é unha colaboración entre os departamentos de Matemáticas e Ciencias Naturais traballando a temperatura e o clima simultáneamente nas dúas asignaturas.

TRABALLO REALIZADO POR ALUMNOS DE 1ºESO SOBRE O TEMPO DO 2016
Traballo sobre a temperatura no 2016 realizado por alumnos de 1ºESO A e B nas asignaturas de Matemáticas e Ciencias Naturais:
- Gráficas mensuais de temperatura e precipitación no 2016: Expostas no panel de Meteosansa.
- Actividades propostas aos alumnos para o estudio das temperaturas do 2016 coas solucións obtidas por unha alumna: Ficha de actividades.
- Folla de cálculo cos datos das temperaturas do 2016 da nosa estación automática: Folla de cálculo de temperaturas do 2016.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)