luns, 28 de novembro de 2016

O MAGOSTO NO PORTAL DAS PALABRAS

O Portal das Palabras traenos o léxico relacionado co magosto, a gran festa da castaña. Imaxinamos que xa todas e todos sabedes o que é o magosto, pero non está mal lembralo:
O magosto é a celebración onde a castaña é protagonista e a época de celebración coincide coa da recollida. A data de referencia é a festividade de Todos os Santos, pero pódese adiantar desde mediados de outubro ou atrasalo ata o día de san Martiño, que marca a finalización da tempada. A proximidade da celebración do Día de Defuntos levou a Murguía a concluír que o magosto tiña carácter de banquete funerario en que as castañas simbolizaban a morte e o viño novo a vida. Sexa como for, si se atopou relación da castaña con ritos funerarios e documéntase desde antigo o costume de asar castañas ese día.
"Do souto ao magosto" na web O Portal das Palabras.


Por certo, tamén atopamos nesta web moitos máis recursos relacionados co outono e o San Martiño, denominación popular para este mes de novembro. Preme aquí se queres coñecelos.

martes, 22 de novembro de 2016

SUPERLÚA DO 14 DE NOVEMBRO

O 14 de novembro tivemos ocasión de ver a chamada Superlúa, denomínase así á lúa chea ou lúa nova có máximo achegamento de ésta á terra (o perigeo). Esto ocurre debido a que a órbita lunar é elíptica. En ditos casos soe apreciarse algo máis grande (un 10%) e máis brillante (un 30%) do normal.
Información completa acerca da Lúa: https://es.wikipedia.org/wiki/Luna

Algúns alumnos do centro aproveitaron para obter as seguintes imaxes:
Antonio Rodríguez-2ºESO B
21:49

luns, 14 de novembro de 2016

MANUEL MARÍA E O OUTONO



Escollemos para novembro un soneto de Manuel María pertencente ao libro Poemas ao Outono (1977). O outono nesta ocasión simboliza a idade madura, unha etapa amosada chea de plenitude pola comuñón coa natureza e a confianza no amor coma rexuvenecedor da vida.

Agora que entrei no propio Outono
e camiñando xa para o solpor,
acendo, cada día, o meu amor
na luz centilante dun ensono.

Non teño tesouros e son dono
da estrela, do orballo, do albor,
do incansábel regueiro cantador,
dos furacáns, dos mares e do trono.

Pois que gasto barba ben nevada
e teño a cabeza encanecida
vou andando asombrado pola vida.

Aínda agardo, con teima perfiada,
a xeira de amor alporecida
que faga do solpor unha alborada.

Manuel María): Poemas ao Outono

venres, 4 de novembro de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares) e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Co gallo desta conmemoración lévanse a cabo numerosas actividades nas bibliotecas galegas coma podes comprobar premendo aquí. Por outra banda, tamén se dá a coñecer un manifesto elaborado por un científico ou unha científica. Este ano a convidada foi Isabel Aguirre de Úrcola.