luns, 19 de outubro de 2015

REFRÁNS DE OUTUBRO


Outubro é coma todos sabedes o décimo mes do ano... Pero, o seu nome deriva do latín octo, ou sexa oito... coma pode ser isto? Pois éche unha historia que seguramente xa saberás pero que imos lembrar. 
Outubro era realmente o oitavo mes do calendario romano ata o ano 153 a.C cando o inicio do ano se trasladou de marzo a xaneiro.
Este mes outonal está moi presente no refraneiro galego, coma non podía ser doutra forma. Moitos dos refráns aluden ás festividades do mes e ás tarefas agrícolas:
  • Na semana de san Lucas, suca, boi, suca.
  • O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.
  • Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
  • Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
Outros indícannos sen máis referencias as tarefas agrícolas a realizar:
  • En outubro, a terra esterca e cobre.
Tamén hai referencias meteorolóxicas:
  • As avenidas de San Simón, sonadas son.
  • As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
  • A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove.  

sábado, 3 de outubro de 2015

LÚA VERMELLA

A noite do domingo ao luns 28 de setembro poidemos observar o fenómeno de lúa vermella. Os alumnos de 1ºESO o estudiaron o venres anterior e presentaron uns pequenos traballos sobre o tema para a asignatura de CCNN. 

O fenómeno tal e como se observou na zona de Ferrolterra:


Fotos cedidas por Alex Coira. 

Carmen Míguez de 1ºESO B tamén sacou fotos da lúa no momento do eclipse e tamén ao dia seguinte: