domingo, 15 de outubro de 2017

ANOMALÍAS METEOROLÓXICAS


Empezamos o curso 2017-18 como rematamos o 2016-17: sen apenas chuvias.
A situación está a prolongarse máis do debido e a reservas de auga están entrando en medidas moi perigosas.
O que estamos a vivir nestes primeiros días de Outubro vai camiño de record porque as temperaturas acadadas son impropias da época do ano na que estamos.
Hoxe domingo 15 de Outubro, por mor dos ventos de compoñente sur que nos chegan polo impulso dos restos do huracán "Ophelia" situado sobre as Azores, estamos superando os 30ºC en toda a comunidade, respirando un aire propio do Sáhara.
A calima que se está a formar nas zonas de costa déixanos estampas como a que vedes na fotografía, na que se pode apreciar a simple vista, sen nengún tipo de filtro, o disco solar. Un xa non sabe se nos ilumina o sol ou a lúa...aínda que pola calorciña que sentimos, máis ben parace o primeiro ;-)
De todos os xeitos de hoxe para mañá imos vivir unha situación anómala debido ao paso do huracán cunha zona de aire frío que vai provocar una caída de presión tremenda en menos de 24 h, o que coñecemos xa familiarmente como cicloxénese explosiva. Afortunadamente os modelos numéricos sitúana lonxe da península e só imos sufrir algúns efectos colateriais, como unha caída de 10ºC nas temperaturas máximas, ventos relativamente fortes que poden chegar a refachos de 50km, diminuíndo segundo vaia pasando o luns...
O dito, seguimos a vivir fenómenos curiosos. A ver de entramos nas rutinas anuais, e chegan as chuvias de outono, tan esperadas por todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario