mércores, 22 de abril de 2015

DÍA DA TERRA

Hoxe conmemoramos o Día da Terra e nós queremos sumarnos a esa data enlazando cunha fermosa paisaxe dunha aurora en Suecia, que atopamos o 19 de marzo na "Astronomical Picture of the Day", e cuns versos de Follas Novas de Rosalía.

I hai nas montañas nosas e nestes nosos ceos,
en canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser,
cores de brilo soave, de trasparencia húmida,
de vaguedade incerta, que a nós só dá pracer.
 Rosalía de Castro

mércores, 15 de abril de 2015

IMPACTANTES IMAXES

Atopamos na BBC en español unhas impactantes imaxes (captadas con diversos satélites) sobre os cambios ambientais que a NASA deu a coñecer. Preme aquí se queres ler a nova na  web inglesa e aquí se queres observar máis fotos sobre este tema que está sempre de actualidade, pero estes días aínda máis por mor de achegarse o Día da Terra.




mércores, 8 de abril de 2015

ESTAR FEITO UN ABRIL

Chegou abril, a primavera avanza e nós agardamos que todos esteamos feitos un abril, coma di a expresión popular. En calquera caso, parece que no refraneiro popular abril é percibido coma un mes "mobile qual piuma al vento", porque abundan os refráns que inciden no seu carácter inestable: tanto chove coma fai sol, se ben é certo que tenden a marcar a abundancia da chovia neste mes. Aquí van uns cantos tirados da galipedia:
  • Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin.
  • Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado.
  • Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gando.
  • As madrugadas de abril son propias para dormir.
  • Ben veña abril coas súas augas mil.
  • Cobras en marzo, neve en abril.
  • En abril, augas mil.
  • O frío de abril mata o porco no seu cubil.
  • O vento de abril e a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto.
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir.
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
En calquera caso, algo hai seguro segundo o noso refraneiro: "Díxolle maio a abril: Anque che pese, heime rir."


Imaxe: "Abril" no libro de horas Les Très Riches Heurs du Duc de Berry (século XV). Atopada aquí.