luns, 29 de febreiro de 2016

A ORIXE DA PALABRA BISESTO

O profesor, escritor e académico da RAG Xesús Ferro Ruibal explícanos no Portal das Palabras a orixe da palabra bisesto. Preme aquí se queres escoitar a historia de bis sextus dies ante calendas martii que vén sendo a do nosa verba "bisesto".

luns, 22 de febreiro de 2016

A CHUVIA GALEGA EN LORCA

"A mi llegada a Galicia, ellas [las «fuerzas formidables» de Compostela y el paisaje] se apoderaron de mí en forma tal que también me sentí poeta de la alta hierba, de la lluvia alta y pausada."
 Federico García Lorca

O 27 de decembro do pasado ano cumpríronse 80 anos da publicación dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. Coma homenaxe ao escritor andaluz deixámosvos un deles, no que o autor evoca a chuvia en Santiago de Compostela.

Madrigal á cibdá de Santiago

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.


Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.


Olla a choiva pola rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla o vento esvaído
soma e cinza do teu mar.


Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol.
Ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón. 

Federico García Lorca

En Son de poetas atoparás as versións musicais do poema de Carlos Díaz e Luar na Lubre. Tamén se inclúe unha moi fermosa versión no libro-disco de Amancio Prada Poeta en Galicia.

                                              
Vídeo atopado aquí.

martes, 9 de febreiro de 2016

TRABALLO REALIZADO POR ALUMNOS DE 1ºESO SOBRE O TEMPO DO 2015

Traballo sobre a temperatura no 2015 realizado por alumnos de 1ºESO A e B:

 - Actividades propostas aos alumnos para o estudio das temperaturas do 2015: Ficha de actividades

- Folla de cálculo cos datos das temperaturas do 2015 da nosa estación automática: Folla de cálculo de temperaturas do 2015.

martes, 2 de febreiro de 2016

A CANDELORIA

A partir da candeloria, ningunha ave voa soa

O 2 de febreiro coma moitos de vós sabedes celébrase en Estados Unidos o Groundhog Day, o Día da Marmota, que deu nome por certo a unha coñecida película aquí chamada Atrapado en el tiempo.
O que quizais moitos non sabedes é que en Galicia o 2  de febreiro se celebraba tradicionalmente a Candeloria, que na cultura popular galega era o día no que casaban os paxariños.
A escolla da data non é casual, posto que hoxe atopámonos na metade do inverno, coma indica o refraneiro popular: Pola candeloria, medio inverno vai fóra... E a primavera xa está ao chegar.
En fin, se queredes saber máis sobre esta data:
Eliximos unha pintura de Zhao Ji, emperador, calígrafo, pintor, músico, poeta e erudito chinés que viviu entre finais do século XI e principios do XII para ilustrar esta entrada. 
Imaxe atopada aquí.