Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas é unha iniciativa conxunta da Secretaría Xeral de Cultura (Subdirección de
Bibliotecas), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección
Xeral de Centros e Recursos Humanos (Asesoría de Bibliotecas Escolares) e
da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Co gallo desta conmemoración lévanse a cabo numerosas actividades nas bibliotecas galegas coma podes comprobar premendo aquí. Por outra banda, tamén se dá a coñecer un manifesto elaborado por un científico ou unha científica. Este ano a convidada foi Isabel Aguirre de Úrcola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario