martes, 26 de maio de 2015

MONITOREO DO VERME DA MAZÁ: ALERTA FITOSANITARIA

Na semana pasada alcanzamos a primeira alarma para o verme da mazá.
Lembrade que a alarma fitosanitaria é o punto no cal calculamos que nacen os vermes despois de contar 90 grados-día dende as capturas dos machos e temperatura crepuscular maior de 15,5º.
Agora estamos a controlar o segundo pico de nacemento de vermes, xa que os apareamentos das mariposas se produce en distintos momentos ó longo deste mes. O sábado 30 de maio alcanzamos os 90 gd, é , polo tanto o momento de aplicar o tratamento contra o verme da mazá, como podedes ver na entrada de máis abaixo na que se mostra a gráfica.
Para máis información mirade a outra entrada anterior relacionada con este tema. Nela aparecen enlaces a sitios web nas que se nos fala dos tratamentos a aplicar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario