martes, 12 de maio de 2015

MONITOREO DO VERME DA MAZÁ ( Cydia pomonella)

O verme da mazá é a praga que máis perdas ocasiona nestes frutais.

ciclo biolóxico de Cydia pomonella

Realmente o verme da mazá é o estado larvario dun noctuido (para entendernos, unha volvoreta nocturna ou “polilla”), na fase adulta a volvoreta pasa desapercibida e non causa dano algún, pero é na fase de larva cando penetra no interior dos froitos da mazá para alimentarse deles e despois sae de novo, facendo dous furadiños que permiten a entrada de fungos (as mazás podrecen) e a caída prematura dos mesmos alá polos meses de xullo e agosto.
A día de hoxe hai moitos tratamentos fitosanitarios (o que se coñece na nosa terra vulgarmente como “sulfatos”) que nos permiten controlar esta praga.
Pero para controlar a praga hai que saber previamente cando nacen os vermes, e eiquí o noso traballo.
O desenrolo do verme depende moito da temperatura e a día de hoxe está moi ben estudado o seu ciclo biolóxico.
machos da polilla da mazá, Cydia pomonella, atrapadas en trampa de feromona

 O proceso para o control é o seguinte:
1º.- A finais de abril colócase nunha maciñeira unha trampa de feromonas para capturar ós machos da volvoreta, que acuden ó olor da feromona artificial que simula o olor das femias.
2º.- Cada semana revisamos as trampas, e cando atrapemos nelas 4 machos ou máis quere dicir que a poboación está medrando e que pode comezar a reproducción.
3º.- A partires deste momento temos que controlar a temperatura crepuscular (arredor das 11:45 da noite), no noso caso sacamos o dato da estación metereolóxica automática do CPI de San Sadurniño. Si a temperatura crepuscular supera os 15,5º durante dous días consecutivos comezará a reproducción.
A temperatura crepuscular diaria pódese consultar no seguinte enlace:
http://cpisansadurnino.org/meteoclimatic/vermes.csv

4º.- A partires deste momento imos contar os GRADOS-DIA que se acumulan a diario. Os grados día resultan da fórmula bioclimática seguinte: GD=Tmedia do día-10º.
5º. Cando a suma dos GD acumulados alcance o valor de 90 prodúcese a eclosión dos ovos e, polo tanto, a aparición dos VERMES. Isto ocorre normalmente a principios ou mediados de xuño.
6º.- Os vermes, de moi pequeno tamaño, intentarán chegar a unha mazá (tamén pequenas) é este o momento de aplicarlles o “sulfato”.

Na gráfica de abaixo podedes ver os grados-día acumulados dende as primeiras capturas de machos.
Este proceso normalmente ocorre máis dunha vez, e dicir, hai varios “picos” de aparición de machos, ou dito doutro xeito, as volvoretas non nacen todas a un tempo.

Si o verme logra alcanzar unha mazá, medrará no seu interior e cando alcance un certo tamaño saíra (outro furado de saída), se transformará en crisálida e sairá despois dun proceso de metamorfose un novo adulto, e volta a comezar co ciclo. Normalmente hai dous ou tres ciclos cada primaveira-verán.
Tedes máis información sobre o tema en :
 http://fruticultoresgalicia.blogspot.com.es/p/informes-fitosanitarios-2015.html

https://frutales.wordpress.com/fitosanitarios/



Folla de cálculo para o rexistro da temperatura e dos graos/dia acumulados

Ningún comentario:

Publicar un comentario