sábado, 23 de maio de 2015

CEO DESPEXADO E SEN VENTO NA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA DO VENRES 22

A noite do 22 de maio organizamos unha observación astronómica á que estaban invitados todos os alumnos do centro. Tivemos a gran sorte de disfrutar dun ceo despexado, unha temperatura bastante boa e sen vento. Unha lúa chegando a cuarto crecente e tres planetas moi brillantes no ceo completaron unha noite moi agradable.



A convocatoria resultou un éxito especialmente entre os máis pequenos.


 Paulino Gasalla, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e divulgador de temas de Astronomía, sumerxiunos nunha viaxe polo espacio.




 Ás 22:30 saímos ao patio do centro a esperar que o crepúsculo fora tornandose noite e nos permitira disfrutar dunha perfecta noite estrelada. Puidemos observar primeiro a simple vista e despois co telescopio do centro Venus, A Lúa, Xúpiter e Saturno. Tamén aprendimos a recoñecer moitas estrelas: Capella, Cástor e Póllux, Regulus, Spica, Arturus e Vega. Desfrutamos das constelacións zodiacais Xéminis e Virgo, da constelación do León e doutras máis comúns como a Osa Maior e Casiopea.




Ningún comentario:

Publicar un comentario