O nome de xaneiro provén de Ianuarius, mes dedicado ao deus Xano, que era coma se denominaba en latín o undécimo mes do ano que pasou a primeiro despois da reforma de Xulio César.
O refráns sobre este mes son abundantes. Vexamos algúns:
- A galiña no xaneiro pon no colmeiro.
- A madeira da túa casa, en xaneiro has de cortala.
- En xaneiro, a faneca sabe a carneiro.
- En xaneiro, a vella saca as madeixas ó turreiro.
- En xaneiro, a verza é carneiro.
- En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro.
- En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
- En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.
- En xaneiro, trompos ó fumeiro.
- En xaneiro, vaite ó outeiro: se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar.
- Por san Vicente da Roda medra o día unha hora.
- Por san Vicente pon os nabos da semente.
- Xaneiro frío ou templado, pásao arroupado.
- Xaneiro quente trae o demo no ventre.
- Xaneiro verceiro, nin boa meda nin bo palleiro.
Por certo, un dos refráns máis coñecidos sobre este mes é aquel que di "entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro"... Xa que este mes ten fama de moi frío: "Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso;
maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estes meses cas súas mulas co
seu carro."
Imaxe atopada aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario