martes, 12 de xaneiro de 2016

A CHUVIA E OS SEUS NOMES

Algunha vez pensaches na cantidade de nomes existentes en galego para a chuvia? A ver...
  • Para a chuvia fina: babuña, babuxa, barbaña, barbuza borralla, chuvisca, marmaña, orballo, parrumada, poalla, etc..
  • Para a chuvia forte: arroiada, ballón, bátegada, chaparrada, chuvascada, chuvasco, dioivo, diluvio, torbón, trebón, zarracina, etc..
  • Para a chuvia con aire forte:  brea, cebrina, etc..
  • Para a chuvia con néboa: barruzo, breca, mera e salseiro.
  • Para a chuvia con neve-xeo: auganeve, calistro, nevarada, xistra, etc..
  • Para a chuvia con raios e tronos: trebón, treboada, etc..
  • Para cando remata: delampar, escampar, estiñar... 
E para saber máis:
Por certo, o cadro chámase "A praza de Europa baixo a chuvia" e o seu autor é o pintor francés Gustave Caillebotte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario