O undécimo mes do ano ten en galego diversos nomes á parte de novembro: Santos, Mes de Santos, San Martiño.... E coma veredes algúns destes aparecen no refraneiro.
Entre os refráns de novembro atopamos referencias á raíña das froitas do outono e protagonista principal dos magostos: a castaña.
- Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
- Polo San Martiño vai ver o teu soutiño.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
- A todo porco lle chega o seu san Martiño.
- Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín.
- O que queira ter bo alliño, que o semente polo san Martiño.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Sembra trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.
- Sementeira na semana de San Román nin palla nin gran; sementeira na de Santa Baia, gran e mais palla.
Mesmo, coma é habitual, aparecen referencias meteorolóxicas:
- Cando Santos acaba, o inverno empeza.
- De Santos ó Nadal é o inverno natural.
- O vrán de san Martiño pode ser grande ou pequeniño.
- O vran de San Martiño son tres días e un pouquiño.
- O vrau de san Martiño dura mentres o can lambe o fuciño.
Imaxe atopada aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario