Outubro é coma todos sabedes o décimo mes do ano... Pero, o seu nome deriva do latín octo, ou sexa oito... coma pode ser isto? Pois éche unha historia que seguramente xa saberás pero que imos lembrar.
Outubro era realmente o oitavo mes do calendario romano ata o ano 153 a.C cando o inicio do ano se trasladou de marzo a xaneiro.
Este mes outonal está moi presente no refraneiro galego, coma non podía ser doutra forma. Moitos dos refráns aluden ás festividades do mes e ás tarefas agrícolas:
- Na semana de san Lucas, suca, boi, suca.
- O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- As avenidas de San Simón, sonadas son.
- As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove.
Ningún comentario:
Publicar un comentario