Xa está aquí o mes de Marte, que é o que vén a significar marzo e con el a primavera, aínda que segundo os nosos antergos neste mes aínda se senten as frebas de marzo, é dicir, aínda fai mal tempo. Así que, imos co refraneiro marzal:
- Cando marzo maiea, maio marcea.
- Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato.
- Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
- Día de san Xosé, primeira anduriña se ve.
- En marzo auga que non molle o rabo do gato.
- Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
- Marzo amarzador, se un día é malo, o outro é peor.
- Marzo na cultura popular galega na galipedia.
- Refráns. Selección de enlaces na nosa aula virtual.
- Os libros de refráns na nosa biblioteca.
E nós a, agardar oír o cuco mentres vemos florecer os narcisos, calzas de cuco ou amarelles posto que estes tres nomes recibe esta planta de flores amarelas en galego.
Créditos da fotografía: Narcissus 'Ice Follies' de
Paul Henjum. Atopada aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario