venres, 20 de marzo de 2015

FOTOS DO ECLIPSE DO 20 DE MARZO DO 2015

Que decepción! Ata as 10:58 non se viu o Sol! Esta é a mellor foto tomada ás 10:59:

  

Descubre os 4 únicos selfies que conseguimos do dia do eclipse.
A decepción foi a tónica da mañá, aqui mostro algunha foto dos que intentaron ver o eclipse e quedaron coas ganas:

Elena Beceiro Calvo de 6°A, ese "telescopio solar" terá que esperar ao 2026...


Marta Diaz, profesora de Historia recurre a internet para velo en directo
Loli Feijoo, profesora de Tecnoloxía, recurrindo ás tecnoloxías...

Finalmente eu, Julia Ríos, conseguín ver algo a partir das 10:55 utilizando o Solarscope que temos no centro:
 
Observade o Solarscope preparado para tomar fotos. Foi imposible pola nubes e ademáis co vento caía unha e outra vez e tiven que retirarme ao interior.



Xa ás 10:58 e tras asomar o Sol entre as nubes o que permitiu ver algo do eclipse, tomei as primeiras fotos:

10:58
11:00
11:06
11:07
11:10 O selfie!
11:18 A fin do eclipse
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario