Os refráns sobre febreiro son moi numerosos. Moitos deles fan referencia á Candeloria, que se celebra o 2 de febreiro: "Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o
inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está
dentro", "Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola", "Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal".
Pero, hai moitos máis refráns referidos a febreiro:- Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
- Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
- Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
- Febreiriño mocho, cos teus vinteoito, mellor sería se tiveras menos oito.
- Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
Se queres saber máis sobre o refraneiro de febreiro recomendámosche a entrada da Galipedia onde atoparás un resumo e esta páxina sobre fraseoloxía galega da Secretaría Xeral de Política Lingüistica onde se recollen numerosos enlaces.
Créditos da fotografía: "Lavandeira" de
Lmbuga (L.Miguel Bugallo S.). Atopada aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario