mércores, 11 de febreiro de 2015

EXPOMETORO NO CPI SAN SADURNIÑO

Do 2 ao 12 de febreiro o noso centro recibe a exposición Expometeoro cedida por MeteoGalicia dentro do proxecto Meteoescolas no que participamos.

A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:





Os alumnos aproveitarán a visita á exposición para repasar os conceptos traballados na aula sobre a meteoroloxía.
Cuestionario nivel I
Cuestionario nivel II
Cuestionario nivel III 

http://www.meteoroloxia.org/index.php/
Os alumnos (e profesores) que desexedes o voso título de meteorólogo aficionado cubride o cuestionario no apartado: Consigue o teu diploma.

Descargades o arquivo co diploma en pdf e o enviades á dirección de correo mjrios@cpisansadurnino.org. Todos recibiredes o voso diploma impreso.

Os nosos alumnos de 2ºA e 2ºB buscan o seu diploma de metorólogo aficionado tentando resolver os cuestionarios:




Actividades relacionadas coa exposición  realizadas polos alumnos de Lingua Galega: Tempo e lingua

Alumnos de 3ºB buscan información para obter o seu diploma de meteorólogo afecionado:




Os alumnos de 1ºB tamén visitaron a exposición:












Ningún comentario:

Publicar un comentario