Atopamos na web GCiencia unha sección titulada NASA en galego que nos permite acceder á versión galega do Astronomy Picture Of the Day da NASA que nos ofrece unha fotografía
astronómica diaria acompañada dun texto escrito por un astrónomo
profesional. APOD Galego é unha das pezas da comunidade AstroGalicia, un espazo dos astrónomos afeccionados galegos.
Pois ben, o día 23 de novembro apareceu unha espectacular fotografía (que podes atopar premendo aquí) tomada polo cazador de tormentas Eric Nguyen dun tornado e un arco da vella. Por certo, non deixedes de ler as recomendacións finais que nos ofrecen no comentario por se nos atopamos cun tornado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario