domingo, 27 de abril de 2014

DÍA DA CIENCIA NO COLEXIO

O pasado xoves 24 e hoxe domingo 27 fixemos no colexio sesión dobre para expoñer proxectos científicos que estamos levando a cabo no colexio e outras experiencias relacionadas coa ciencia, a do xoves para a comunidade educativa e a de hoxe para o público en xeral. Entre elas temos o proxecto meteosansa no que estamos a traballar e no cal recollemos e representamos os datos meteorolóxicos que nos proporcionan as nosas estacións, tanto a manual como a automática.
Os alumnos de 1ºESO fixeron unha magnífica exposición do asunto. Aquí vos deixo unha mostra gráfica dun anaco da presentación de hoxe diante da xente que se achegou ao colexio aproveitando a Feira da Plantación en San Sadurniño.
Parabéns a todos os participantes nestas sesións porque ao final o esforzo pagou a pena.



Ningún comentario:

Publicar un comentario