mércores, 27 de xuño de 2018

TRABALLANDO CO TEMPO EN 1º PRIMARIA B

En 1ºB comezamos traballando o vocabulario específico dos distintos fenómenos meteorolóxicos.





 O seguinte paso foi ensinarlles as ferramentas que se utilizan para medir estes fenómenos, ademáis de aprender como se usan e cal utilizar en cada caso.

Fixemos un cadro no que figuraba o mes, o día, a temperatura e o tempo que ía. Cada día un neno ou nena da aula (por orde de lista) consultaba a temperatura do termómetro situado no medio das dúas ventás, sempre á mesma hora (12:15). Despois, entre todos, comentábamos que día facía (nubrado, solleiro, chuvioso…).
Todo o aprendido neste proxecto relacionouse cós contidos das diferentes competencias para facer unha aprendizaxe máis construtiva e enriquecedora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario