O outono despídese no mes de Santos e o inverno empeza o 21 de decembro, o día máis curto do ano, mes que na tradición popular denominamos Nadal.
Novembro recibe tamén o nome de Santos pola tradición da cultura
cristiá. “Ditoso mes que comeza cos santos todos”, di o refrán, “media
con Euxenio (día 15) e remata con Santo André (día 30)”.
Etimoloxicamente a denominación novembro vén do latín (mensis) november mais a través *novembrius, vocábulo que remite a nove, porque no calendario romano era o noveno mes, igual que decembro como era mes dez procede de (mensis) december.
Naquel calendario anterior á reforma do 153 a.C., o ano empezaba en
marzo, coa primavera (tempo axeitado para comezar as campañas
militares), por iso o mes de decembro era o décimo.
O Portal das Palabras
Ningún comentario:
Publicar un comentario