xoves, 19 de novembro de 2015

OS ALUMNOS DE 1º PRIMARIA TRABALLAN CO TEMPO

   Os alumnos de 1º de primaria, coa súa titora Mª José Vidal, traballan na aula os conceptos básicos da meteoroloxía:

 -Rexistro de temperatura e precipitación.

-Elaboración de gráficas de temperatura e precipitación.

-Conceptos básicos da meteoroloxía.

Todo o traballado queda exposto na aula como veremos na seguinte presentación de fotos que iremos actualizando ao longo do curso:

venres, 13 de novembro de 2015

REFRÁNS DE NOVEMBRO


O undécimo mes do ano ten en galego diversos nomes á parte de novembro: Santos, Mes de Santos, San Martiño.... E coma veredes algúns destes aparecen no refraneiro.
Entre os refráns de novembro atopamos referencias á raíña das froitas do outono e protagonista principal dos magostos: a castaña.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Polo San Martiño vai ver o teu soutiño. 
  •  Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
 O refraneiro deste mes é pródigo en alusións á matanza do porco:
  • A todo porco lle chega o seu san Martiño.
  •  Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín.
E por suposto, en lembranzas das tarefas agrícolas que cómpre realizar:
  •  O que queira ter bo alliño, que o semente polo san Martiño.
  •  Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
  •  Sembra trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.
  • Sementeira na semana de San Román nin palla nin gran; sementeira na de Santa Baia, gran e mais palla.