venres, 28 de abril de 2017

CHOIVA DE ABRIL

Chuvia sobre a ponte de Hiroshige
O refraneiro popular adoita vincular abril coa chuvia coma podemos comprobar nos seguintes refráns:
  • Abril, augas mil, escoadas por un mandil..
  • Abril, augas mil, peneiradas nun candil.
  • Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin
  • Abril chove prás xentes, e maio prás bestas.
  • Abril chovedoiro enche o cabaceiro.
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
 Tamén houbo poetas que se fixeron eco das chuvias deste mes, coma Xosé Otero Espasandín:


Choiva de abril

CHOIVA DE ABRIL,
maina, quente:
as túas bágoas tremen
na folla da silva,
na fror da xesta,
na herba; e can
brandidas de polen
e craridades, na terra
quediña, morna,
na terra sedenta.
Choiva de abril,
móllame a cara,
móllame as mans,
móllame a ialma
mentres corro polo monte,
polos soutos,
polos cómaros,
polas praias,
case en coiros...

xoves, 20 de abril de 2017

FORTE REFACHOS DE VENTO O 19 E 20 DE ABRIL

Estas últimas 24 horas rexistramos na nosa estación fortes refachos de vento de dirección este. O máximo refacho acadou os 93km/h á 1:05 da noite do xoves ao venres.

Podedes observar a intensidade do vento na gráfica das últimas 24 horas:

Na páxina web da nosa estación podedes consultar os datos actualizados cada 5 minutos:  www.cpisansadurnino.org/meteo


Moitos incidentes de caída de árbores producíronse estes días, así como un incendio na parroquia de Santa Mariña do Monte.