Noraboa a todos os profesores colaboradores e a todos os alumnos de infantil, primaria e secundaria que participaron no proxecto!
mércores, 2 de decembro de 2015
DIPLOMA POLA PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA METEOESCOLAS
O centro ven de recibir estes dias o diploma pola participación no proxecto Meteoescolas coordinado por Meteogalicia. Vos mostramos o diploma e a carta de felicitación polo traballo realizado.
Noraboa a todos os profesores colaboradores e a todos os alumnos de infantil, primaria e secundaria que participaron no proxecto!
Noraboa a todos os profesores colaboradores e a todos os alumnos de infantil, primaria e secundaria que participaron no proxecto!
xoves, 19 de novembro de 2015
OS ALUMNOS DE 1º PRIMARIA TRABALLAN CO TEMPO
Os alumnos de 1º de primaria, coa súa titora Mª José Vidal, traballan na aula os conceptos básicos da meteoroloxía:
-Rexistro de temperatura e precipitación.
-Elaboración de gráficas de temperatura e precipitación.
-Conceptos básicos da meteoroloxía.
Todo o traballado queda exposto na aula como veremos na seguinte presentación de fotos que iremos actualizando ao longo do curso:
-Rexistro de temperatura e precipitación.
-Elaboración de gráficas de temperatura e precipitación.
-Conceptos básicos da meteoroloxía.
Todo o traballado queda exposto na aula como veremos na seguinte presentación de fotos que iremos actualizando ao longo do curso:
venres, 13 de novembro de 2015
REFRÁNS DE NOVEMBRO
O undécimo mes do ano ten en galego diversos nomes á parte de novembro: Santos, Mes de Santos, San Martiño.... E coma veredes algúns destes aparecen no refraneiro.
Entre os refráns de novembro atopamos referencias á raíña das froitas do outono e protagonista principal dos magostos: a castaña.
- Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
- Polo San Martiño vai ver o teu soutiño.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
- A todo porco lle chega o seu san Martiño.
- Non hai cocho bon nin ruín que non lle chegue o seu sanmartín.
- O que queira ter bo alliño, que o semente polo san Martiño.
- Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
- Sembra trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.
- Sementeira na semana de San Román nin palla nin gran; sementeira na de Santa Baia, gran e mais palla.
luns, 19 de outubro de 2015
REFRÁNS DE OUTUBRO
Outubro é coma todos sabedes o décimo mes do ano... Pero, o seu nome deriva do latín octo, ou sexa oito... coma pode ser isto? Pois éche unha historia que seguramente xa saberás pero que imos lembrar.
Outubro era realmente o oitavo mes do calendario romano ata o ano 153 a.C cando o inicio do ano se trasladou de marzo a xaneiro.
Este mes outonal está moi presente no refraneiro galego, coma non podía ser doutra forma. Moitos dos refráns aluden ás festividades do mes e ás tarefas agrícolas:
- Na semana de san Lucas, suca, boi, suca.
- O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.
- Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
- Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
- En outubro, a terra esterca e cobre.
- As avenidas de San Simón, sonadas son.
- As enchentes de San Simon sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os bois.
- A lúa de octubre a sete cubre, e se chove, nove.
luns, 12 de outubro de 2015
sábado, 3 de outubro de 2015
LÚA VERMELLA
A noite do domingo ao luns 28 de setembro poidemos observar o fenómeno de lúa vermella. Os alumnos de 1ºESO o estudiaron o venres anterior e presentaron uns pequenos traballos sobre o tema para a asignatura de CCNN.
Fotos cedidas por Alex Coira.
Carmen Míguez de 1ºESO B tamén sacou fotos da lúa no momento do eclipse e tamén ao dia seguinte:
martes, 29 de setembro de 2015
O SOLPOR...
Empeza o curso e xa nos estamos acostumbrando a vivir un miniverán por estas datas.
O famoso veraniño de San Miguel veu con forza e estanos a regalar unhas xornadas despexadas, con temperaturas moi agradables na parte central do día e uns atardeceres moi fermosos.
Aquí vos deixo o solpor de hoxe, no que se aprecian os cirros e os estratos virando de cor a medida que o sol se vai poñendo.
sábado, 26 de setembro de 2015
DIARIO DE NUBES setembro 2015
Este curso imos intentar engadir información ás nosas fotos de nubes. Perdoade algún erro que podamos cometer nos primeiros intentos!
Manual de observación e identificación de nubes
Manual de observación e identificación de nubes
venres, 19 de xuño de 2015
ALUMNOS DE 6º DE INFANTIL TRABALLANDO O TEMPO E O CLIMA
Para rematar este curso 2014-15 presentamos os traballos realizados polos alumnos de 6º de infantil coa súa titora Cristina Casal. Os nosos meteorólogos afecionados máis xóvenes tamén saben traballar seguindo o método científico: rexistran os datos cuidadosamente, extraen información dos datos, a presentan mediante gráficas e sacan as súas conclusións.
Tamén traballaron o clima nos seus proxectos sobre as estacións, os estados da auga, o Sol,...
Non deixedes de ver a súa presentación!
Tamén traballaron o clima nos seus proxectos sobre as estacións, os estados da auga, o Sol,...
Non deixedes de ver a súa presentación!
Poesía e... meteoroloxía
O alumnado de 4º de ESO elaborou poemas "meteorolóxicos" ao estilo hilozoísta ou imaxinista. Cos seus poemas e as fotografías dos alumnos e alumnas de 3º de ESO elaboramos este caderniño poético que agardamos que vos guste.
xoves, 18 de xuño de 2015
CHEGOU XUÑO
O mes de xuño xá está aquí, despois do maio longo. O nome deste mes provén do latín Iunius, mes da deusa Xuño. O tamén chamado "mes de San Xoán" é un dos meses preferidos do refraneiro. Vexamos algúns exemplos:
- A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan.
- A sardiña en San Xoán xa molla o pan.
- A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
- Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
- As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan.
- As trampas de san Xoán, por onde veñen van.
- As trampas de san Xoán saen pola man.
- Ata o san Pedro, o viño ten medo.
- Ata san Xoán non te quíte-lo gabán.
- Auga entre maio e xuño, vale máis cós bois e o xugo
- En san Xoán, as nove co día dan.
- En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña.
- En san Xoán, encéndese a fogueira e canta o can.En san Xoán, o raposiño come pola súa man.
- En san Xoán, o tempo aínda pon cara de can.Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
mércores, 10 de xuño de 2015
CLIMAS DO MUNDO polos ALUMNOS DE 5º DE PRIMARIA
Os alumnos de 5º de primaria estudiaron os climas do mundo dentro da asignatura de Ciencias Sociais e elaboraron os seguintes traballos sobre o tema:
martes, 9 de xuño de 2015
TRABALLOS REALIZADOS POLOS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA
Os alumnos de 2º de primaria rexistraron os datos de temperatura e precipitación cos que elaboraron gráficas e traballos coa súa profesora Mª José , na seguinte presentación podedes ver un resumo:
luns, 8 de xuño de 2015
MÉTÉO - La prévision pour demain
GRÁFICAS DE 2015 ELABORADAS COA FOLLA DE CÁLCULO
Os alumnos de 3ºESO realizaron durante os meses de maio e xuño na asignatura de Matemáticas as gráficas de xaneiro a
maio de 2015 na folla de cálculo cos datos da estación automática:
luns, 1 de xuño de 2015
TRABALLOS DOS ALUMNOS DE 1ºA SOBRE ENERXÍAS RENOVABLES E O EFECTO INVERNADOIRO
Estas presentacións resumen algún dos traballos realizados polos alumnos de 1ºA na asignatura de proxecto interdisciplinar:
martes, 26 de maio de 2015
MONITOREO DO VERME DA MAZÁ: ALERTA FITOSANITARIA
Na semana pasada alcanzamos a primeira alarma para o verme da mazá.
Lembrade que a alarma fitosanitaria é o punto no cal calculamos que nacen os vermes despois de contar 90 grados-día dende as capturas dos machos e temperatura crepuscular maior de 15,5º.
Agora estamos a controlar o segundo pico de nacemento de vermes, xa que os apareamentos das mariposas se produce en distintos momentos ó longo deste mes. O sábado 30 de maio alcanzamos os 90 gd, é , polo tanto o momento de aplicar o tratamento contra o verme da mazá, como podedes ver na entrada de máis abaixo na que se mostra a gráfica.
Para máis información mirade a outra entrada anterior relacionada con este tema. Nela aparecen enlaces a sitios web nas que se nos fala dos tratamentos a aplicar.
Lembrade que a alarma fitosanitaria é o punto no cal calculamos que nacen os vermes despois de contar 90 grados-día dende as capturas dos machos e temperatura crepuscular maior de 15,5º.
Agora estamos a controlar o segundo pico de nacemento de vermes, xa que os apareamentos das mariposas se produce en distintos momentos ó longo deste mes. O sábado 30 de maio alcanzamos os 90 gd, é , polo tanto o momento de aplicar o tratamento contra o verme da mazá, como podedes ver na entrada de máis abaixo na que se mostra a gráfica.
Para máis información mirade a outra entrada anterior relacionada con este tema. Nela aparecen enlaces a sitios web nas que se nos fala dos tratamentos a aplicar.
sábado, 23 de maio de 2015
CEO DESPEXADO E SEN VENTO NA OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA DO VENRES 22
A noite do 22 de maio organizamos unha observación astronómica á que estaban invitados todos os alumnos do centro. Tivemos a gran sorte de disfrutar dun ceo despexado, unha temperatura bastante boa e sen vento. Unha lúa chegando a cuarto crecente e tres planetas moi brillantes no ceo completaron unha noite moi agradable.
mércores, 20 de maio de 2015
CONCURSO FOTOGRÁFICO DE METEOROLOXÍA E CLIMA
O IES Fernando Wirtz Suárez convoca un concurso fotográfico dentro do seu proxecto de Meteoescolas. Consultade as bases e animádevos a participar!
Bases del concurso
Bases del concurso
martes, 19 de maio de 2015
MARZO MARCEADOR
En marzo o noso alumnado de 3º de ESO enviounos fotografías acompañadas de refráns, poemas ou algún texto que espertase o seu interese. Ao resultado final chamámoslle "Marzo marceador".
ALUMNAS DE 4ºESO CELEBRAN O DIA DAS LETRAS GALEGAS
Alumnas de 4ºESO toman a iniciativa de celebrar o dia das Letras Galegas facendo unha pegada de cartéis polo centro.
En moitos dos carteles podemos ler nomes galegos para as precipitacións ou as treboadas.
luns, 18 de maio de 2015
AÍ VÉN O MAIO
Así é, aí vén o maio. Se ben, os populares versos de Curros Enríquez facían referencia á popular festa que, sempre viva en Ourense, agora comeza de novo a se celebrar noutros lugares, nós queremos titular así esta entrada sobre este mes.
Maio é un mes sobre o que abundan os refráns:
- A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.
- A ovella do pobre no maio morre.
- Abril e maio son as chaves do ano.
- Abril esfola, pero maio amola.
- ¡Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo.
E ese que tantas veces teremos escoitado: " Ata o corenta de maio non quites o saio; e se volve a chover, vólveo a poñer."
Tamén é un mes propicio para as frases feitas: "Ser longo coma o mes de maio", "Vir coma auga de maio" ou "Andar co maio ao lombo". Esta última frase significa andar "moi canso", así que nós recomendámosvos que non vos amaiedes en maio!
Créditos da foto:
Lameiro. Maios Allariz. Recuperado de http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Maios_Allariz_01.JPG
E por certo, lembrámosvos que na nosa aula virtual tedes máis información sobre maio e os Maios.
domingo, 17 de maio de 2015
martes, 12 de maio de 2015
MONITOREO DO VERME DA MAZÁ ( Cydia pomonella)
O verme da mazá é a praga que máis perdas ocasiona nestes frutais.
![]() |
ciclo biolóxico de Cydia pomonella |
Realmente o verme da
mazá é o estado larvario dun noctuido (para entendernos, unha
volvoreta nocturna ou “polilla”), na fase adulta a volvoreta pasa
desapercibida e non causa dano algún, pero é na fase de larva cando
penetra no interior dos froitos da mazá para alimentarse deles e
despois sae de novo, facendo dous furadiños que permiten a entrada
de fungos (as mazás podrecen) e a caída prematura dos mesmos alá
polos meses de xullo e agosto.
A día de hoxe hai
moitos tratamentos fitosanitarios (o que se coñece na nosa terra
vulgarmente como “sulfatos”) que nos permiten controlar esta
praga.
Pero para controlar
a praga hai que saber previamente cando nacen os vermes, e eiquí o
noso traballo.
O desenrolo do verme
depende moito da temperatura e a día de hoxe está moi ben estudado
o seu ciclo biolóxico.
machos da polilla da mazá, Cydia pomonella, atrapadas en trampa de feromona |
O proceso para o control é o seguinte:
1º.- A finais de
abril colócase nunha maciñeira unha trampa de feromonas para
capturar ós machos da volvoreta, que acuden ó olor da feromona
artificial que simula o olor das femias.
2º.- Cada semana
revisamos as trampas, e cando atrapemos nelas 4 machos ou máis quere
dicir que a poboación está medrando e que pode comezar a
reproducción.
3º.- A partires
deste momento temos que controlar a temperatura crepuscular (arredor
das 11:45 da noite), no noso caso sacamos o dato da estación
metereolóxica automática do CPI de San Sadurniño. Si a temperatura
crepuscular supera os 15,5º durante dous días consecutivos comezará
a reproducción.
A temperatura crepuscular diaria pódese consultar no seguinte enlace:
http://cpisansadurnino.org/meteoclimatic/vermes.csv
4º.- A partires
deste momento imos contar os GRADOS-DIA que se acumulan a diario. Os
grados día resultan da fórmula bioclimática seguinte: GD=Tmedia do
día-10º.
5º. Cando a suma
dos GD acumulados alcance o valor de 90 prodúcese a eclosión dos
ovos e, polo tanto, a aparición dos VERMES. Isto ocorre normalmente
a principios ou mediados de xuño.
6º.- Os vermes, de
moi pequeno tamaño, intentarán chegar a unha mazá (tamén
pequenas) é este o momento de aplicarlles o “sulfato”.
Na gráfica de
abaixo podedes ver os grados-día acumulados dende as primeiras
capturas de machos.
Este proceso
normalmente ocorre máis dunha vez, e dicir, hai varios “picos”
de aparición de machos, ou dito doutro xeito, as volvoretas non
nacen todas a un tempo.
Si o verme logra
alcanzar unha mazá, medrará no seu interior e cando alcance un
certo tamaño saíra (outro furado de saída), se transformará en
crisálida e sairá despois dun proceso de metamorfose un novo
adulto, e volta a comezar co ciclo. Normalmente hai dous ou tres
ciclos cada primaveira-verán.
http://fruticultoresgalicia.blogspot.com.es/p/informes-fitosanitarios-2015.html
https://frutales.wordpress.com/fitosanitarios/
Folla de cálculo para o rexistro da temperatura e dos graos/dia acumulados
luns, 11 de maio de 2015
ESTUDO DA TEMPERATURA DAS AULAS DE SECUNDARIA
Co 3º premio de Meteoescolas recibimos como agasallo 30 estacións meteorolóxicas de interior. Tras darlle voltas ás diferentes posibilidades de uso decidimos repartilas polas aulas para medir a temperatura a diferentes horas da mañá.
En cada clase haberá un alumno encargado de tomar a temperatura ás 9:30 e ás 12:30 e posteriormente cargar os datos na seguinte folla de cálculo de Google Docs. Esta folla de cálculo é visible para todos pero só poderán editar os alumnos e profesores habilitados a través da súa conta de correo do centro xxx@cpisansadurnino.org.
Folla de cálculo de rexistro das temperaturas das aulas de secundaria
Na gráfica seguinte facemos un resumo dos resultados obtidos:
En cada clase haberá un alumno encargado de tomar a temperatura ás 9:30 e ás 12:30 e posteriormente cargar os datos na seguinte folla de cálculo de Google Docs. Esta folla de cálculo é visible para todos pero só poderán editar os alumnos e profesores habilitados a través da súa conta de correo do centro xxx@cpisansadurnino.org.
Folla de cálculo de rexistro das temperaturas das aulas de secundaria
Na gráfica seguinte facemos un resumo dos resultados obtidos:
ESTUDO DA TEMPERATURA DAS AULAS DE INFANTIL E PRIMARIA
Seguindo o mesmo método empregado en secundaria fixemos o estudo de infantil e primaria. Os alumnos tomaron os datos da temperatura da aula ás 9:30 e ás 12:30 coas novas estacións meteorolóxicas ganadas co premio de Meteoescolas no curso anterior.
Folla de cálculo de rexistro das temperaturas das aulas de infantil e primaria
Na gráfica seguinte facemos un resumo dos resultados obtidos:
Folla de cálculo de rexistro das temperaturas das aulas de infantil e primaria
Na gráfica seguinte facemos un resumo dos resultados obtidos:
domingo, 10 de maio de 2015
INFORME CLIMATOLÓXICO DO 2014
Os alumnos de Matemáticas A de 4ºESO elaboraron o informe climatolóxico do 2014 a partir dos datos da nosa estación meteorolóxica automática.
É un informe todavía en fase de revisión que iremos actualizando na próximas clases. Os alumnos traballan nel colaborativamente nun mesmo documento de Google Docs no que todos poden editar e repartirse o traballo. O traballo o estamos realizando na biblioteca do centro o que nos permite consultar tamén diversos libros sobre meteoroloxía (entre eles os que nos foron regalados polo 3º premio de Meteoescolas 2013-14)
É un informe todavía en fase de revisión que iremos actualizando na próximas clases. Os alumnos traballan nel colaborativamente nun mesmo documento de Google Docs no que todos poden editar e repartirse o traballo. O traballo o estamos realizando na biblioteca do centro o que nos permite consultar tamén diversos libros sobre meteoroloxía (entre eles os que nos foron regalados polo 3º premio de Meteoescolas 2013-14)
Etiquetas:
4ºESO,
clima,
gráficas,
precipitación,
recollida de datos,
temperatura
xoves, 7 de maio de 2015
A VISITA DE GERMÁN DÍAZ
Aínda seguimos fascinados coa visita de Germán Díaz quen nos falou sobre a música e as matemáticas e tamén sobre a música mecánica amosándonos fascinantes instrumentos. Ensinounos a perforar cartóns para facer soar con estes instrumentos, marabillounos coa súa música e contestou as nosas dúbidas sobre as nubes. Foi unha mañá espléndida que oxalá poidamos repetir. Grazas mil Germán.
martes, 5 de maio de 2015
GERMÁN DÍAZ VISITA O NOSO CENTRO O XOVES 7 DE MAIO
O músico Germán Díaz acude ao centro a impartir unha charla-taller sobre música mecánica e fonografía, no que falará de de instrumentos accionados por manivela como a zanfoña, instrumento medieval no que é un experto, fonógrafos e gramófonos.
Un dos temas a tratar é a relación entre música e matemáticas.
O motivo de que mencionemos a súa visita no noso blog é a súa afición á observación de nubes:
http://www.germandiaz.net/nubes/
Esperamos que nos aporte algún consello sobre o tema: fotografía, observación, predición,...
Un dos temas a tratar é a relación entre música e matemáticas.
O motivo de que mencionemos a súa visita no noso blog é a súa afición á observación de nubes:
http://www.germandiaz.net/nubes/
Esperamos que nos aporte algún consello sobre o tema: fotografía, observación, predición,...
sábado, 2 de maio de 2015
TRABALLO DOS ALUMNOS DE 1ºESO SOBRE A TEMPERATURA DO 2014
Os alumnos de 1ºESO B na clase de Matemáticas levaron a cabo un estudio guiado sobre as temperaturas diarias recollidas pola estación automática do centro.
Os cálculos e as gráficas as levaron a cabo coa folla de cálculo e fixeron un informe guiado por unha serie de actividades propostas:
Os cálculos e as gráficas as levaron a cabo coa folla de cálculo e fixeron un informe guiado por unha serie de actividades propostas:
mércores, 22 de abril de 2015
DÍA DA TERRA
Hoxe conmemoramos o Día da Terra e nós queremos sumarnos a esa data enlazando cunha fermosa paisaxe dunha aurora en Suecia, que atopamos o 19 de marzo na "Astronomical Picture of the Day", e cuns versos de Follas Novas de Rosalía.
I hai nas montañas nosas e nestes nosos ceos,
en canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser,
cores de brilo soave, de trasparencia húmida,
de vaguedade incerta, que a nós só dá pracer.
en canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser,
cores de brilo soave, de trasparencia húmida,
de vaguedade incerta, que a nós só dá pracer.
Rosalía de Castro
mércores, 15 de abril de 2015
IMPACTANTES IMAXES
Atopamos na BBC en español unhas impactantes imaxes (captadas con diversos satélites) sobre os cambios ambientais que a NASA deu a coñecer. Preme aquí se queres ler a nova na web inglesa e aquí se queres observar máis fotos sobre este tema que está sempre de actualidade, pero estes días aínda máis por mor de achegarse o Día da Terra.
mércores, 8 de abril de 2015
ESTAR FEITO UN ABRIL
Chegou abril, a primavera avanza e nós agardamos que todos esteamos feitos un abril, coma di a expresión popular. En calquera caso, parece que no refraneiro popular abril é percibido coma un mes "mobile qual piuma al vento", porque abundan os refráns que inciden no seu carácter inestable: tanto chove coma fai sol, se ben é certo que tenden a marcar a abundancia da chovia neste mes. Aquí van uns cantos tirados da galipedia:
- Abril, augas mil, se non ó comenzo, ó medio ou ó fin.
- Abril frío e mollado, enche o celeiro e farta o gado.
- Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gando.
- As madrugadas de abril son propias para dormir.
- Ben veña abril coas súas augas mil.
- Cobras en marzo, neve en abril.
- En abril, augas mil.
- O frío de abril mata o porco no seu cubil.
- O vento de abril e a lama de agosto, matan o viño anque sexa no mosto.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
Imaxe: "Abril" no libro de horas Les Très Riches Heurs du Duc de Berry (século XV). Atopada aquí.
martes, 24 de marzo de 2015
Lembranza sobre os materiais e recursos de Lingua galega e literatura
Lembrámosvos que os materiais e recursos para os traballos propostos na materia de Lingua galega e literatura están a vosa disposición na nosa aula virtual. Só tedes que premer aquí.
venres, 20 de marzo de 2015
FOTOS DO ECLIPSE DO 20 DE MARZO DO 2015
Que decepción! Ata as 10:58 non se viu o Sol! Esta é a mellor foto tomada ás 10:59:
Descubre os 4 únicos selfies que conseguimos do dia do eclipse.
Descubre os 4 únicos selfies que conseguimos do dia do eclipse.
xoves, 19 de marzo de 2015
domingo, 8 de marzo de 2015
ECLIPSE SOLAR O 20 DE MARZO
O vindeiro venres 20 de marzo poderemos observar un eclipse de sol que si ben non será total máis que nas islas Feroe e Svalbard, sí alcanzará unha magnitude do 80% na provincia de A Coruña.
Para unha información completa consultade a páxina do IGN ( Instituto Geográfico Nacional): http://www.oan.es/eclipse2015/?cp=15552
Nesta mesma páxina ou descargando este arquivo podedes consultar métodos seguros para observar o eclipse.
Neste enlace, fotos do eclipse do 2005 , tedes fotos do eclipse que observamos dende o patio do noso centro utilizando estes métodos de proxección do Sol.
Dende Meteosansa vos propoñemos participar na observación do eclipse construíndo o voso artefacto caseiro e facéndovos un selfie observando o eclipse. Neste mesmo artigo iremos publicando as vosas fotos.
Para unha información completa consultade a páxina do IGN ( Instituto Geográfico Nacional): http://www.oan.es/eclipse2015/?cp=15552
Nesta mesma páxina ou descargando este arquivo podedes consultar métodos seguros para observar o eclipse.
Neste enlace, fotos do eclipse do 2005 , tedes fotos do eclipse que observamos dende o patio do noso centro utilizando estes métodos de proxección do Sol.
Dende Meteosansa vos propoñemos participar na observación do eclipse construíndo o voso artefacto caseiro e facéndovos un selfie observando o eclipse. Neste mesmo artigo iremos publicando as vosas fotos.
¡HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO PARA A MELLOR FOTO!
xoves, 5 de marzo de 2015
martes, 3 de marzo de 2015
REFRANEIRO DE MARZO
Xa está aquí o mes de Marte, que é o que vén a significar marzo e con el a primavera, aínda que segundo os nosos antergos neste mes aínda se senten as frebas de marzo, é dicir, aínda fai mal tempo. Así que, imos co refraneiro marzal:
- Cando marzo maiea, maio marcea.
- Chuvia en marzo, como a mexeira dun gato.
- Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín.
- Día de san Xosé, primeira anduriña se ve.
- En marzo auga que non molle o rabo do gato.
- Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir.
- Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra.
- Marzo amarzador, se un día é malo, o outro é peor.
- Marzo na cultura popular galega na galipedia.
- Refráns. Selección de enlaces na nosa aula virtual.
- Os libros de refráns na nosa biblioteca.
E nós a, agardar oír o cuco mentres vemos florecer os narcisos, calzas de cuco ou amarelles posto que estes tres nomes recibe esta planta de flores amarelas en galego.
Créditos da fotografía: Narcissus 'Ice Follies' de
Paul Henjum. Atopada aquí. martes, 24 de febreiro de 2015
ROSALÍA E A METEOROLOXÍA
Deixámosvos unha selección de poemas de Rosalía (titulada "De ventos e alboradas") relacionados coa meteoroloxía que elaboramos o equipo da Biblioteca e o EDLG para conmemorar o Día de Rosalía. Só tedes que premer aquí.
mércores, 11 de febreiro de 2015
EXPOMETORO NO CPI SAN SADURNIÑO
Do 2 ao 12 de febreiro o noso centro recibe a exposición Expometeoro cedida por MeteoGalicia dentro do proxecto Meteoescolas no que participamos.
A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:
A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:
martes, 10 de febreiro de 2015
mércores, 4 de febreiro de 2015
REFRANEIRO DE FEBREIRO
Os refráns sobre febreiro son moi numerosos. Moitos deles fan referencia á Candeloria, que se celebra o 2 de febreiro: "Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o
inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está
dentro", "Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola", "Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal".
Pero, hai moitos máis refráns referidos a febreiro:- Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
- Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
- Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
- Febreiriño mocho, cos teus vinteoito, mellor sería se tiveras menos oito.
- Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
Se queres saber máis sobre o refraneiro de febreiro recomendámosche a entrada da Galipedia onde atoparás un resumo e esta páxina sobre fraseoloxía galega da Secretaría Xeral de Política Lingüistica onde se recollen numerosos enlaces.
Créditos da fotografía: "Lavandeira" de
Lmbuga (L.Miguel Bugallo S.). Atopada aquí.
sábado, 31 de xaneiro de 2015
TRABALLO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
Os alumnos de 1ºB realizaron un traballo sobre o cambio climático na asignatura de Proxecto Interdisciplinar co seu titor Leonardo Piñeiro:
xoves, 15 de xaneiro de 2015
PRIMEIRA CICLOXÉNESIS EXPLOSIVA DO ANO
Despois de comezar o ano con datos de presión atmosférica de record, o pasado venres rexistramos nas dúas estacións meteorolóxicas do centro unha presión de 1044 hPa sobre as 12:00, e tempo estable recibimos este xoves con fortes refachos de vento e chuvias intensas.
Observade a forte baixada da presión atmosférica destes dias en contraste coa estabilidade e as altas presións que tiñamos:
Observade a forte baixada da presión atmosférica destes dias en contraste coa estabilidade e as altas presións que tiñamos:
xoves, 8 de xaneiro de 2015
XEADA FIN DE ANO
O final do ano trouxonos as primeiras xeadas deste inverno. Nesta imaxe, do val de Liñares, podemos ver unha mostra. A temperatura mínima rexistrada nesa noite foi de -3ºC.
venres, 2 de xaneiro de 2015
DIARIO METEOROLOXICO EN FOTOS DE XANEIRO DO 2015
FELIZ 2015!!
Despois de varios dias de situación anticiclónica finalmente dimos a benvida ao novo ano con ceos despexados e temperaturas mínimas moi baixas. O dia de Ano Novo rexistrou a nosa estación unha mínima de -1,2 ºC.A información sobre o tipo de nubes podedes completala na páxina de Meteogalicia: http://www.meteogalicia.es/web/informacion/glosario/aire3.action?request_locale=es
Localización:
San Saturnino, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)