xoves, 30 de xaneiro de 2014

NUBES DE CHOIVA

Levamos máis dun mes con precipitacións constantes. Hoxe amosámosvos o tipo de nube que soe estar asociada a este fenómeno meteorolóxico: o cúmulo e o cúmulo nimbo. 
O cúmulo é unha nube de gran desenvolvemento vertical (pode chegar a varios quilómetros de altura) e ten ese aspecto de "algodón" que todos imaxinamos. Trae a chuvia e pode acabar derivando en cúmulo-nimbo, como o da 2ª fotografía, de efectos más severos: moita chuvia, saraiba, aparello eléctrico, etc.

cúmulos sobre o colexio...chove
cúmulo-nimbo en forma de fungo

mércores, 29 de xaneiro de 2014

E OS REIS TROUXERON AUGA


Deixovos estas fotos da riada do rio Castro en Liñares o 6 de Xaneiro


Antes "Papá Noel" xa nos trouxera unha presa de saraibas...

domingo, 26 de xaneiro de 2014

SANSA NA NUBE - DECEMBRO 2013

Durante o mes de decembro de 2013 varios profesores e alumnos estivemos facendo fotos das nubes máis características. O resultado é un resumo meteorolóxico do mes nalgún dos casos moi fermoso.



Nota: Se formas parte da comunidade educativa do CPI San Sadurniño e queres participar enviando as túas fotos, manda un correo a mjrios@cpisansadurnino.org incluíndo o teu nome e apelidos, data e lugar da foto.

ANÁLISIS DE LA PRECIPITACIÓN EN NOVIEMBRE DE 2013


Sergio Pazos, alumno de 1ºB, analiza la precipitación diaria de noviembre de 2013. La gráfica está realizada en base a los datos obtenidos de nuestra estación automática.



ANÁLISIS DEL VIENTO EN NOVIEMBRE DE 2013


Sergio Pazos, alumno de 1ºB, analiza las rachas máximas de viento de cada día de noviembre de 2013. La gráfica está realizada en base a los datos obtenidos de nuestra estación automática.




ANÁLISIS DE LA HUMEDAD DE NOVIEMBRE DE 2013

Sergio, alumno de 1ºB, analiza la humedad máxima y mínima de noviembre de 2013 a partir de la gráfica elaborada con los datos de la estación automática de nuestro centro:


ANÁLISIS DE LA TEMPERATURA DE NOVIEMBRE DE 2013

Los alumnos Sergio y Frank de 1ºB analizan la temperatura de noviembre de 2013 a partir de la gráfica elaborada con los datos de la estación automática de nuestro centro:

 

martes, 14 de xaneiro de 2014

ANÁLISE DA GRÁFICA DA TEMPERATURA DE OUTUBRO DE 2013

O alumno de 1ºESO A Gabriel comenta as temperaturas do mes de outubro de 2013 a partir das gráficas elaboradas cos datos recollidos pola nosa estación meteorolóxica automática.

 

luns, 13 de xaneiro de 2014

GRÁFICAS DE OUTUBRO 2013 ELABORADAS POLOS ALUMNOS DE 1º ESO

Os alumnos de 1º ESO elaboraron as gráficas sobre as variables de temperatura, precipitación e presión recollidas pola estación automática do centro durante o mes de outubro de 2013. O traballo forma parte do seu proxecto interdisciplinar.



domingo, 12 de xaneiro de 2014

METEOSANSA NA AULA VIRTUAL DO CENTRO

Os datos recollidos polos nosos alumnos na estación manual do centro e os datos recollidos pola estación automática son compartidos co resto dos alumnos e profesores a través da aula virtual:

http://www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino/aulavirtual/


<

DURACIÓN DO DÍA E DA NOITE POR SHAIMA E PAULA

As alumnas de 6º de primaria Shaima e Paula realizaron o seguinte traballo sobre a duración do día e da noite durante o taller de astronomía ao que asiste durante o tempo de lecer do mediodía. A súa profesora é Mª Dolores Rodilla.

sábado, 11 de xaneiro de 2014

DURACIÓN DO DÍA E DA NOITE POR SABELA

A alumna de 6º de primaria Sabela realizou o seguinte traballo sobre a duración do día e da noite durante o taller de astronomía ao que asiste durante o tempo de lecer do mediodía. A súa profesora é Mª Dolores Rodilla.



DURACIÓN DO DÍA E DA NOITE POR ALBA E IRIA

As alumnas de 6º de primaria, Alba e Iria, realizaron o seguinte traballo sobre a duración do día e da noite durante o taller de astronomía ao que asisten durante o tempo de lecer do mediodía. A súa profesora é Mª Dolores Rodilla.




NOCIONES BÁSICAS DE METEOROLOGÍA

Presentación resumen de las nociones básicas de meteorología, presentación de los instrumentos de medida y toma de datos. Elaborada por el profesor Guillín.


venres, 10 de xaneiro de 2014

TOMANDO MEDIDAS NA ESTACIÓN METEOROLÓXICA MANUAL

Medicións dun grupo de alumnos de 6º de primaria na estación meteorolóxica manual o 15 de novembro.

Durante os meses de novembro e decembro foron os alumnos de 6º de primaria os responsables de tomar as medidas de temperatura, presión, humidade, precipitación, ...