O magosto é a celebración onde a castaña é protagonista
 e a época de celebración coincide coa da recollida. A data de 
referencia é a festividade de Todos os Santos, pero pódese adiantar 
desde mediados de outubro ou atrasalo ata o día de san Martiño, que 
marca a finalización da tempada. A proximidade da celebración do Día de 
Defuntos levou a Murguía a concluír que o magosto tiña carácter de 
banquete funerario en que as castañas simbolizaban a morte e o viño novo
 a vida. Sexa como for, si se atopou relación da castaña con ritos 
funerarios e documéntase desde antigo o costume de asar castañas ese 
día.
"Do souto ao magosto" na web O Portal das Palabras. 
Por certo, tamén atopamos nesta web moitos máis recursos relacionados co outono e o San Martiño, denominación popular para este mes de novembro. Preme aquí se queres coñecelos. 
 

 

 
 
