Seguimos o noso percorrido musical
polo mundo da meteoroloxía. E hoxe é precisamente ela a que nos pediu unha
canción. Realmente o que fixo foi ensinarnos hoxe pola mañá unha precioso arco
de vella dobre e pensamos ¿Por que non explicamos algunha curiosidade deste
bonito fenómeno e de paso lle dedicamos unha canción? Dito e feito.
E para iso véusenos a cabeza un tema
moi orixinal (que curiosamente non é orixinal...porque é unha versión dobre,
como o noso arco da vella de hoxe) dun artista hawaiano de difícil nome, e que
se fixo famoso por formar parte da banda sonora da película "Descubrindo a
Forrester". Déixate atrapar polos acordes do seu ukelele e goza cunha
versión de dúas das cancións máis famosas da historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario