Deixámosvos unha selección de poemas de Rosalía (titulada "De ventos e alboradas") relacionados coa meteoroloxía que elaboramos o equipo da Biblioteca e o EDLG para conmemorar o Día de Rosalía. Só tedes que premer aquí.
martes, 24 de febreiro de 2015
mércores, 11 de febreiro de 2015
EXPOMETORO NO CPI SAN SADURNIÑO
Do 2 ao 12 de febreiro o noso centro recibe a exposición Expometeoro cedida por MeteoGalicia dentro do proxecto Meteoescolas no que participamos.
A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:
A nosa canteira de pequenos meteorólogos visitou o luns a exposición:
martes, 10 de febreiro de 2015
mércores, 4 de febreiro de 2015
REFRANEIRO DE FEBREIRO
Os refráns sobre febreiro son moi numerosos. Moitos deles fan referencia á Candeloria, que se celebra o 2 de febreiro: "Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o
inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está
dentro", "Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola", "Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal".
Pero, hai moitos máis refráns referidos a febreiro:- Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.
- Cando non chove en febreiro, non hai bo prado nin bo lameiro.
- Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
- Febreiriño mocho, cos teus vinteoito, mellor sería se tiveras menos oito.
- Febreiro, currusqueiro; marzo ventoso; abril chuvioso; maio louro, cuberto de ouro.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, berceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis estos meses cas súas mulas co seu carro.
Se queres saber máis sobre o refraneiro de febreiro recomendámosche a entrada da Galipedia onde atoparás un resumo e esta páxina sobre fraseoloxía galega da Secretaría Xeral de Política Lingüistica onde se recollen numerosos enlaces.
Créditos da fotografía: "Lavandeira" de
Lmbuga (L.Miguel Bugallo S.). Atopada aquí.
sábado, 31 de xaneiro de 2015
TRABALLO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO
Os alumnos de 1ºB realizaron un traballo sobre o cambio climático na asignatura de Proxecto Interdisciplinar co seu titor Leonardo Piñeiro:
xoves, 15 de xaneiro de 2015
PRIMEIRA CICLOXÉNESIS EXPLOSIVA DO ANO
Despois de comezar o ano con datos de presión atmosférica de record, o pasado venres rexistramos nas dúas estacións meteorolóxicas do centro unha presión de 1044 hPa sobre as 12:00, e tempo estable recibimos este xoves con fortes refachos de vento e chuvias intensas.
Observade a forte baixada da presión atmosférica destes dias en contraste coa estabilidade e as altas presións que tiñamos:
Observade a forte baixada da presión atmosférica destes dias en contraste coa estabilidade e as altas presións que tiñamos:
xoves, 8 de xaneiro de 2015
XEADA FIN DE ANO
O final do ano trouxonos as primeiras xeadas deste inverno. Nesta imaxe, do val de Liñares, podemos ver unha mostra. A temperatura mínima rexistrada nesa noite foi de -3ºC.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)