luns, 18 de abril de 2016
TEMPO E CLIMA
Este é o traballo que realazaron na clase de bioloxía os alumnos Alberto Perille, Nuria Dominguez e Hugo Fernández do curso 1º ESO A.
venres, 15 de abril de 2016
O CLIMA CAMBIA
Traballo feito na clase de bioloxía polos alumnos de 1ºA Adrián Castro, Elena Beceiro, Zeltia Durán, Lucía Fernández.
xoves, 14 de abril de 2016
O CLIMA E O TEMPO
Este é o traballo de Daniel Fernández e Paula Rebollar de 1º ESO B realizados na clase de Bioloxía e Xeoloxía
TRABALLOS SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO 1º ESO
Os alumnos de 1º ESO B Carmen Míguez, Daniel Basoa, Sara Luaces, Ainoa Durán e Estefanía Romero fixeron este traballo sobre o Cambio Climático na materia de Bioloxía e Xeoloxía.
martes, 12 de abril de 2016
O POEMA DO CUCO
E seguindo a voltas co cuco... Sabedes que Manuel María tamén lle dedicou un poema no libro Os soños na gaiola?
O cuco
Canta, cuco, ou cala, cuco:
eu en ti xa non che creo
desde que sei que vas poñer
o teu ovo en niño alleo.
Desdeixado e preguiceiro,
tan só pensas en folgar.
¡Soamente dis dúas notas
e xa tes que descansar!
¡Canta, cuco, ou cala, cuco,
preguiceiro, nugallón:
a min pouco che me importa
que esteas cantando ou non!
Manuel María: Os soños na gaiola
Por certo, Canta o cuco é o título elixido para un libro-CD de Uxía e Magín Blanco no que se musican poemas de Manuel María e no que tamén podemos contemplar as fermosas ilustracións de Leandro Lamas.
luns, 4 de abril de 2016
O CUCO E A PRIMAVERA
Un ano máis agardamos a chegada do cuco na primavera, porque coma todos sabedes o Cuculus canorus, que é o seu nome científico, é unha ave migratoria que volve todas as primaveras a Europa despois de pasar o inverno en África.
A peculiar ave está moi presente na cultura tradicional europea como heraldo desta estación que vén de entrar. De feito, en Inglaterra The Times anuncia todos os anos o momento no que se escoita o cuco por primeira vez, costume que mesmo está chegando aquí.
No refraneiro galego a ave está presente:
- Se entre marzo e abril o cuco non veu é sinal que morreu ou é sinal do fin.
- Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ao cuco lle pasou.
- Cando canta o cuco ven o pan ó suco
Créditos da fotografía na seguinte ligazón.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)